O eurodeputado galego comprométese a traballar para garantir a continuidade destes instrumentos clave para o emprego e a diversificación nas zonas costeiras
Bruxelas, 20 de marzo de 2026. O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, comprometeuse a defender que os Grupos de Acción Local Pesqueira e Acuícola (GALP) conten cun “papel forte e un orzamento á altura” no próximo marco financeiro comunitario 2028-2034.
Casares trasladou esta posición durante unha reunión mantida este xoves no Parlamento Europeo cunha representación dos GALP de España. No encontro, o eurodeputado galego e portavoz de Pesca da Delegación Socialista Española puxo en valor as iniciativas de desenvolvemento local participativo como un elemento crucial para o progreso das comunidades costeiras.
Precisamente por iso, manifestou o seu rexeitamento aos recortes orzamentarios propostos pola Comisión Europea, que poderían alcanzar ata dous terzos do financiamento actual, cualificándoos como “o maior recorte da proposta orzamentaria e da historia”.
Para Casares, este recorte evidencia “a falta de prioridade que esta Comisión outorga ao sector da pesca e da acuicultura”, así como un “profundo descoñecemento” do papel desempeñado polos grupos de acción local pesqueira na xeración de emprego e na diversificación económica das zonas costeiras.
Por iso, comprometeuse a “traballar para garantir a súa continuidade” no próximo marco financeiro, defendendo que estes grupos deben manter unha entidade propia e diferenciada.
Así mesmo, subliñou a necesidade de asegurar un financiamento suficiente e unha participación efectiva nas políticas de desenvolvemento das zonas costeiras, para que os GALP poidan seguir desenvolvendo “un labor indispensable para garantir a cohesión territorial, reducir desigualdades e impulsar o emprego e a actividade económica no litoral”.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



