As contas medran en preto de 900.000 euros respecto a 2025 para facer fronte ao incremento dos custes e garantir a calidade dos servizos municipais
Vilalba, 20 de marzo de 2026. O equipo de goberno de Vilalba levará ao pleno ordinario do 26 de marzo o proxecto de orzamento municipal para 2026, que ascende a 14.247.013,11 euros. A cifra supón un incremento de preto de 900.000 euros respecto ao exercicio anterior.
A alcaldesa, Marta Rouco, explicou que estas contas “responden a unha idea moi clara de goberno: priorizar os servizos públicos, atender ás necesidades reais da veciñanza e apoiar directamente o tecido social do municipio”.
A maior parte do orzamento destínase á prestación de servizos básicos, cunha partida de 10.173.505,28 euros en gastos correntes, un 8,47% máis que en 2025 debido ao aumento de custos pola inflación. Neste capítulo inclúense contratos esenciais como o Servizo de Axuda no Fogar, a recollida de residuos, o subministro eléctrico, a limpeza e conserxería de instalacións municipais, a desratización ou os servizos de prevención de incendios e desbroce no rural.
No capítulo de persoal, o orzamento contempla 3.245.432,22 euros e incorpora a creación dunha praza de técnico de proxectos para reforzar a capacidade técnica municipal. “Permitiranos ser máis eficientes, reducir custos de externalización e mellorar a xestión das obras e proxectos”, sinalou Rouco.
En investimentos, recóllese unha partida de 145.251,61 euros, á que se suma unha achega municipal de 174.000 euros para o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil destinado á mellora do abastecemento e saneamento.
O apoio ao tecido asociativo é outro dos piares das contas. O Concello destinará preto de 360.000 euros a subvencións nominativas para entidades culturais, veciñais, deportivas, ANPAS e outros colectivos, o que supón máis do 70% do orzamento de libre disposición. “É unha decisión política clara: apoiar ás asociacións que sosteñen a vida social de Vilalba”, destacou a alcaldesa.
O orzamento non contempla gastos en pasivos financeiros, xa que o Concello non ten débeda nin prevé concertar novos créditos. “Vilalba conta cunha situación económica saneada, que nos permite avanzar con estabilidade”, concluíu Rouco.



















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



