Ribadeo, 11 de marzo de 2026. Onte, 10 de marzo, tivo lugar en Vilaselán a primeira charla de saúde do programa Preto de ti, organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A cita contou cunha alta participación e moi dinámica. A xente achegouse a informarse e reflexionar sobre hábitos saudables, neste caso centrados no colesterol e, sobre todo, na prevención da saúde cardiovascular.
As charlas impartidas pola enfermeira María Roel amplíanse para chegar a máis parroquias, neste caso a Vilaframil, onde terá lugar o 7 de abril.
Hoxe, 11 de marzo, haberá charla en Ribadeo ás 18:00 horas; mañá, día 12, ás 16:15 horas en Cedofeita; o 17 de marzo será na Devesa ás 10 da mañá; tamén o 17 en Arante ás 16:30 horas; en Cinxe o 23 de marzo ás 16:15 horas; e en Rinlo o día 24 ás 16:15 horas.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, anima á veciñanza a seguir asistindo ao resto de charlas nas parroquias para aprender a coidarse no día a día e manter unha boa calidade de vida.
Pola súa banda, o alcalde Daniel Vega insistiu na importancia de continuar nesta liña, coidando a todos os veciños e veciñas de Ribadeo.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



