Cuestionan tamén os criterios do PP ao nomear unha persoa sen traxectoria vinculada ao sector marítimo-pesqueiro
Lugo, 5 de marzo de 2026. As e os socialistas de Lugo critican que a Goberno de Rueda na Xunta de Galicia tardase preto de once meses en nomear unha persoa ao fronte da Delegación Territorial de Mar e Pesca na provincia e que nomeara a un perfil sen traxectoria vinculada ao sector marítimo-pesqueiro.
Dende o PSdeG lembran que durante todo este tempo a provincia permaneceu sen dirección política nesta área, unha situación que consideran “inxustificable” e que, segundo sinalan, “evidencia unha vez máis o abandono do Goberno galego coa Mariña e co sector do mar”.
A formación na provincia reforza as denuncias realizadas polas compañeiras e compañeiros socialistas de Viveiro, que xa advertiran nos últimos meses da falta deste nomeamento nun posto clave para garantir a interlocución coa administración autonómica nun territorio cun sector pesqueiro e mariñeiro fundamental para a economía da Mariña.
As e os socialistas cuestionan tamén os criterios empregados polo Goberno do PP para este nomeamento, xa que, segundo explican, a persoa designada non conta cunha traxectoria profesional vinculada ao sector marítimo-pesqueiro, senón ao ámbito veterinario e da sanidade animal.
“Despois de manter sen cubrir este posto case un ano, a Xunta decide nomear unha persoa sen relación directa co sector do mar. É lexítimo preguntarse cales son os criterios que segue o Partido Popular para tomar este tipo de decisións nun ámbito tan importante para a nosa provincia”, sinalan.
Dende o PSdeG fan referencia ás críticas formuladas polo PSdeG de Viveiro sobre o uso que se fixo da Delegación durante a etapa anterior, cando, segundo explicaron, reunións institucionais que debían celebrarse no Concello se trasladaban a esta dependencia da Xunta para garantir a presenza da entón responsable, Mariña Gueimunde, na foto institucional.
“Esta situación evidencia unha vez máis a forma de gobernar do Partido Popular, utilizando as institucións e os cargos públicos ao servizo dos seus propios intereses en lugar de velar polo interese xeral e polo ben da cidadanía”, conclúen.
Por todo iso, as e os socialistas de Lugo esixen ao Goberno do PP na Xunta que dea explicacións sobre os criterios seguidos para este nomeamento e que garanta que a Delegación Territorial de Mar e Pesca en Lugo traballará con rigor e compromiso ao servizo do sector mariñeiro e do conxunto da provincia.

















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.