Santiago de Compostela, 29 de marzo do 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e a alcaldesa de Cervo, María Dolores García, mantiveron un encontro para analizar a situación dos servizos de atención ás persoas maiores deste concello. Fabiola García reafirmou o compromiso da Xunta con seguir fortalecendo os recursos de proximidade para garantir os coidados e o benestar da veciñanza de máis idade en todos os recunchos de Galicia.
Neste sentido, a conselleira trasladou á rexedora municipal que Cervo pode acollerse xa ao incremento da achega autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), grazas ao que poderá recibir unha inxección económica preto de 938.000 euros entre este ano e o 2028. A suba da achega da Xunta a esta prestación de competencia municipal é posible tras o acordo asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que permite elevar progresivamente o prezo/hora do SAF dos 12 euros actuais aos 18 neste mandato.
Fabiola García tamén explicou que a Xunta reforzou a atención aos maiores de Cervo a través do Bono Coidado no Fogar, unha achega económica para as persoas dependentes que queren ser coidados nas súas vivendas. Na actualidade, un total de 52 veciños deste concello reciben esta axuda de 5.000 euros ao ano.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.


