Tapia de Casariego, 24 de marzo de 2026. O Concello de Tapia de Casariego reafirma o seu compromiso co desenvolvemento e mantemento das súas parroquias coa posta en marcha dun ambicioso plan de actuacións en Serantes. O equipo de goberno confirmou que xa conta co proxecto redactado para a rehabilitación do lavadoiro de Serantes, que será presentado de maneira inmediata á convocatoria de axudas para a conservación e restauración de bens de interese histórico.
Esta intervención patrimonial é só unha peza dun conxunto de investimentos estratéxicos proxectados para este 2026 na zona:
Infraestruturas e Camiños
Tras a aprobación no pleno de decembro da reparación de camiños en A Penela (47.500 €), o Concello levará ao próximo pleno ordinario o investimento de 40.000 € para a limpeza e nivelación de pistas agrarias en Serantes e Campos.
Servizos e Mantemento
Procederase á renovación do alumeado do parque de Serantes (3.000 €) en canto se reciba o material necesario, ademais das tarefas de limpeza e desbroce das antigas escolas.
Turismo e Sustentabilidade
A través do PSTD Navia-Porcía, estanse finalizando as melloras na área de Santa Gadea (19.777,18 €) e no acceso peonil á praia de A Mexota (10.000 €).
Con estas medidas, o Concello busca non só preservar o legado histórico de Serantes, senón tamén mellorar a calidade de vida dos seus veciños e a experiencia de quen visita o noso litoral.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


