Viveiro, 28 de marzo de 2026. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este sábado na lectura do pregón que da comezo á Semana Santa de Viveiro. A celebración tivo como pregoeiro nesta edición ao xornalista viveirense José Ángel Rodríguez Méndez, coñecido como Anxo Rodríguez.
O director de Turismo de Galicia destacou os compoñentes materiais e humanos da celebración, gabando “a súa longa tradición e o seu valor patrimonial e artístico” así como “o coidado e o traballo de todas as persoas implicadas tanto na súa programación como no seu desenvolvemento”. Ademais, salientou a programación desta celebración que contribúe a enriquecer a proposta turística desta zona que xa foi visitada nos dous primeiros meses deste ano por case 11.500 turistas, dos cales o 6,7% eran de orixe internacional. Neste punto quixo salientar o incremento destes turistas con respecto ao mesmo período de 2025, cunha suba do 25,7%.
“É sen dúbida esta compoñente de patrimonio material e inmaterial a que consegue chegar e atraer tanto á xente crente como á non relixiosa”, destacou o director da Axencia, quen abundou na “dobre perspectiva” destas datas: “a reflexión interna e a experiencia compartida”.
“O proverbial recollemento destas datas, o coidado polo patrimonio e as tradicións compartidas conseguiron transcender a relixiosidade para apelar a unha espiritualidade común”, sinalou ao tempo que animou a participar nesta celebración.
Semana Santa de Viveiro
Esta celebración está recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional desde 2013. Conta cunha programación variada, na que se combina a programación litúrxica tradicional -con procesións como a do Encontro ou a da Última Cea, a tamborrada ou os via crucis polas rúas da vila- con distintos concertos en igrexas e charlas relativas ás datas.
























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.

