A Mariña, 29 de abril, 2026. A Garda Civil, no marco das investigacións realizadas, identificou a cinco persoas veciñas de Madrid como presuntas autoras de varios delitos de furto cometidos mediante o método coñecido como “a sementeira” en distintos puntos da Mariña Lucense.
Os feitos remóntanse ao pasado mes de decembro, cando se detectou a presenza dun grupo de persoas que se desprazaba desde Madrid ás provincias de Lugo e A Coruña para actuar de forma itinerante en aparcadoiros de establecementos comerciais.
Modus operandi
O método empregado consistía na actuación coordinada de varias persoas para distraer á vítima e conseguir que descoidase as súas pertenzas no interior do vehículo. Para iso arroxaban moedas ou peque nos obxectos ao chan, facendo crer á vítima que se lle caeran.
Mentres esta se agachaba para recollelos, outro membro do grupo accedía ao vehículo e subtraía obxectos de valor.
Tamén utilizaban variantes como solicitar indicacións para afastar á vítima do coche ou vixiar a persoas que regresaban ao aparcadoiro con carros da compra, aproveitando o momento no que devolvían o carro sen asegurar o peche do vehículo.
Furtos detectados
En decembro denunciouse o primeiro caso en Burela. No presente mes rexistráronse outros tres furtos de características similares en aparcadoiros de supermercados de Burela, Foz e Ribadeo.
Como resultado das investigacións, a Garda Civil identificou a cinco persoas que se desprazaban en vehículos de alugueiro desde Madrid e que operarían en distintas provincias do territorio nacional. Todas elas teñen residencia en Madrid e están pendentes de detención e posta a disposición xudicial.
Recomendacións de seguridade da Garda Civil
A Garda Civil lembra á cidadanía a importancia de adoptar medidas de prevención para evitar ser vítima deste tipo de furtos:
– Non perder de vista as pertenzas persoais, especialmente en aparcadoiros.
– Asegurar sempre o peche do vehículo, mesmo en ausencias breves.
– Non deixar obxectos de valor á vista.
– Desconfiar de distraccións intencionadas (moedas no chan, peticións de indicacións, etc.).
– Pechar o vehículo antes de atender a calquera persoa que se achegue.
– Comprobar sempre que o coche queda correctamente pechado.
– Manterse alerta ante persoas que merodeen nos aparcadoiros.
Ante actitudes sospeitosas ou se se é vítima dun feito similar, chamar de inmediato ao 062.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



