A Deputación inviste preto de 190.000€ en mellorar os tres últimos quilómetros desta vía, desde Santalla a Ponte Soutelo, onde xa comezaron a traballar na reapertura de cunetas. Os traballos inclúen a execución dunha escollera, pavimentación e sinalización
Lugo, 29 de abril de 2026. A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de rehabilitación da LU-P-4802, que conecta os concellos da Pontenova e Ribeira de Piquín. Os traballos afectan ao treito final da vía, na comarca da Montaña lucense, nun tramo de tres quilómetros que transcorre paralelo ao río Eo, desde a parroquia de Santalla ata Ponte Soutelo.
A empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU é a encargada da actuación, que comezou coa reapertura de cunetas e continuará coa execución dunha escollera, a pavimentación con aglomerado en quente e a renovación da sinalización horizontal e vertical.
Trátase dunha actuación relevante que mellora a seguridade viaria e a conectividade entre as comarcas da Mariña e da Montaña, vertebrando as parroquias situadas no val do Eo, unha zona de alto valor natural e paisaxístico.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



