José María Fernández lamenta que o alcalde perda oportunidades clave para a contratación de veciños en situación de desemprego e critica a falta de xestión do socialista: “Non é forma de fomentar o emprego nin de traballar polo benestar de Trabada”
Trabada, 29 de abril de 2026. Os concelleiros do PP de Trabada denuncian a “desidia e falta de compromiso” do goberno de Rubén García coas políticas de fomento do emprego, tras confirmar que o Concello non concorreu ás convocatorias de axudas para o programa Aprol Rural nin solicitou a posta en marcha de novos obradoiros de emprego.
O voceiro popular, José María Fernández, cualifica de ” irresponsabilidade máxima” a decisión tomada polo alcalde, xa que, existindo ferramentas financiadas pola Xunta para fomentar a inserción laboral e a formación, “vemos como o alcalde opta pola estratexia de brazos caídos, é dicir, non facer nada”.
Esta renuncia a solicitar axudas supón un golpe directo para os desempregados do municipio, que “perden a oportunidade de acceder a un posto de traballo ou a unha formación profesional remunerada”.
José María Fernández sinalou que esta actitude demostra que o emprego non está na axenda de prioridades do actual rexedor. “Deixar pasar estas convocatorias non é só un erro administrativo, é unha falta de respecto aos nosos veciños. Esta non é forma de fomentar o emprego nun concello rural que tanto o necesita, nin é forma de traballar por Trabada. Mentres outros concellos da contorna se moven para captar fondos e dar traballo, o noso alcalde prefire a parálise”, denunciou.
A importancia do Aprol Rural vén dada porque é fundamental para que os concellos poidan contratar persoal para labores de prevención de incendios ou mantemento de espazos públicos, mentres que os obradoiros de emprego permiten que os mozos e parados de longa duración obteñan certificados de profesionalidade.
“A función dun alcalde debe ser a de buscar recursos ata debaixo das pedras para mellorar a vida dos seus veciños. Perder estas axudas por non presentalas en tempo e forma é a proba evidente de que este Goberno está esgotado e sen ideas”, criticou.
Ante esta situación, José María Fernández insta ao alcalde a que dea explicacións públicas sobre os motivos polos que non se solicitaron estas subvencións.
























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



