Ribadeo, 24 de abril, 2026. O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participou nunha conferencia do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela, impartida por Eugenio Fernández Carrasco, profesor do Departamento de Enxeñaría Química da Facultade de Ciencias de Lugo. A charla levou por título “A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia”.
A pegada ecolóxica é un indicador ambiental que mide o impacto que unha comunidade exerce sobre o seu entorno. Defínese como a superficie necesaria para producir os recursos que consumimos e absorber os residuos que xeramos. Este concepto contrástase coa capacidade de carga dun ecosistema, é dicir, a súa habilidade para manter a produtividade e renovar os recursos.
Durante a conferencia, Eugenio Fernández explicou que Galicia e España se atopan en déficit ecolóxico: a área dispoñible é menor ca área que consumimos. En termos globais, a humanidade vive como se tivese 1,7 planetas, o que implica que estamos a sobrepasar a capacidade de carga da Terra en máis dun 70%.
O profesor tamén destacou que esta situación non afecta por igual a todo o mundo. Os países do Hemisferio Norte, cun modelo de vida máis consumista, dependen da capacidade ecolóxica dos países do Hemisferio Sur, xerando así unha débeda ecolóxica. No caso de España e Galicia, os datos amosan que precisariamos case tres veces a superficie do país para manter o noso nivel de vida actual.
O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo agradece a Eugenio Fernández a súa colaboración e o tempo dedicado ao alumnado. Agardamos que esta actividade contribúa a tomar conciencia de que só a través das accións individuais e colectivas poderemos reducir a nosa pegada ecolóxica e garantir que as futuras xeracións herden unha Terra onde o desenvolvemento sostible sexa unha realidade.






















Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



