Viveiro/Mondoñedo, 23 de abril, 2026. O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Mondoñedo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro, organiza a charla “Transmisión de negocios no comercio de Viveiro”, que terá lugar o mércores 29 de abril ás 16:30 horas. A sesión está dirixida tanto a negocios en activo como a persoas que desexen emprender ou a aquelas que están próximas á xubilación e buscan asegurar a continuidade da súa actividade.
O Polo de Emprendemento é unha rede orientada a impulsar e consolidar proxectos vinculados ao territorio, ofrecendo acompañamento continuo, asesoramento especializado, metodoloxías adaptadas e titorización profesional. Entre os seus servizos destaca a conexión entre empresas próximas ao peche por xubilación e persoas emprendedoras interesadas en tomar o relevo.
Durante a charla explicarase o funcionamento deste servizo, analizarase a problemática da transmisión de negocios e detallaranse os requisitos e vantaxes do Bono para a Remuda Xeracional. A actividade está aberta a negocios da Mariña e a persoas emprendedoras que desexen iniciar unha actividade comercial. A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través do formulario:
👉 https://polosemprendemento.gal/calendar/remuda-xeracional-no-comercio-de-viveiro
A organización destaca que o tecido comercial das vilas vive un momento clave: moitos negocios con traxectoria precisan continuidade, mentres que novas persoas emprendedoras buscan oportunidades reais para comezar con garantías. Este encontro nace para conectar ambos perfís, crear vínculos e abrir portas a novas posibilidades.
Ao longo da sesión presentaranse as liñas de axuda dispoñibles para facilitar o traspaso de actividades económicas, así como os beneficios de formar parte dunha rede comercial activa. Tamén se explicarán as iniciativas que se están a impulsar no centro histórico de Viveiro para fortalecer o comercio local e dinamizar a zona.
Programa
16:30 h – Recepción de asistentes e benvida
16:40 h – Presentación do Polo de Emprendemento (Belén López Cayón) e do CCH Viveiro (Isabel Méndez Rivera)
17:00 h – Problemática da transmisión de negocios e Bono para a Remuda Xeracional (Francisco Lago)
17:45 h – Resolución de dúbidas
18:00 h – Networking e petiscos






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



