A institución provincial vén de comezar os traballos de arranxo na LU-P-3402, que vai da Gañidora a Viveiró; e na LU-P-6502, a vía que vai de Vilalba a Chavín pola Balsa. Acondicionaranse algo máis de 12 quilómetros en total
Lugo, 21 de maio de 2026. A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana as obras de mellora de dúas estradas provinciais que vertebran o concello de Muras e para as que destina un total de 462.270,43€, un investimento co que se arranxarán algo máis de 12 quilómetros. A empresa encargada de levar a cabo as obras é Cholo SL.
Por unha banda, a institución provincial está a acondicionar a vía LU-P-3402, que une A Gañidoira coa parroquia de Viveiró, e na que se está a mellorar a estrada desde o seu inicio ata o punto quilométrico 6,120. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización horizontal e vertical. Esta é unha vía moi relevante tanto para veciños como visitantes, posto que dá acceso a puntos de interese turístico como o Miradoiro de Mazoi.
Por outro lado, a Deputación de Lugo tamén está a acondicionar un tramo de algo máis de 6 quilómetros da LU-P-6502, a estrada que vai de Vilalba a Chavín pola Balsa no treito que vai do punto quilométrico 18,100 ao 24,300. O proxecto inclúe a reparación integral da estrutura e ademais a reapertura de cunetas, a reparación de desperfectos, a repavimentación e a sinalización horizontal e vertical. Precisamente neste tramo sitúase a ponte que colapsou -á altura do punto quilométrico 22,2- a causa dos fortes temporais e que xa se atopa reparada e plenamente operativa tras a finalización das obras de reconstrución.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



