Lugo, 15 de maio de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un conxunto de actuacións que mobilizan preto de 1,3 millóns de euros destinados á mellora de infraestruturas viarias, servizos públicos e equipamentos municipais en diferentes concellos da provincia. Así o informou a Voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal que tivo lugar pola mañá no Pazo de San Marcos. “Seguimos avanzando cun compromiso firme na mellora da mobilidade na provincia e na cooperación cos concellos, especialmente reforzando os investimentos nas zonas rurais, co fin de ofrecer os mesmos servizos e oportunidades que en calquera outro punto da provincia”.
En canto a mobilidade, a Deputación destinará arredor de case 700.000 euros á mellora de tres estradas provinciais nos concellos de Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro. No caso de Guitiriz quedou licitada unha actuación para renovar un tramo de máis de catro quilómetros da LU-P-2207, do quilómetro 7 ao 11, que comunica as parroquias de Coea e Buriz, cun investimento de arredor de 251.000 euros e un prazo de execución de tres meses.
“Trátase dunha vía estratéxica para a mobilidade rural do norte no concello de Guitiriz, moi empregada pola veciñanza para acceder a servizos básicos, conectando estas parroquias coa estrada autonómica LU-170”, explicou García Porto. A actuación contempla a reapertura de cunetas, e a pavimentación con aglomerado en quente e ten un orzamento de 251.000€.
No concello de Castro de Rei, tamén se licitaron uns traballos para mellorar preto de catro quilómetros da LU-P-1112, que comunica Muimenta e Pacios, “polo que actúa como un eixo vertebrador das conexións entre distintos núcleos”. O proxecto, cun orzamento de case 300.000€ e un prazo de execución de catro meses, inclúe a limpeza de cunetas para mellorar a evacuación das augas, o acondicionamento do firme con aglomerado en quente e o pintado da sinalización horizontal.
Na comarca da Mariña, quedaron licitadas as obras en Viveiro para mellorar case a práctica totalidade da LU-P-6612, que é o tramo que é o tramo de vía que dá acceso ao porto de celeiro, desde a autonómica lu-862 ata a Confraría de Pescadores.
As obras consistirán na renovación completa do firme mediante o fresado do pavimento existente, limpeza de cunetas e a drenaxe para evitar problemas de asolagamentos con choivas. Tamén se pavimentará con aglomerado en quente e renovará a sinalización horizontal e vertical da vía.
“Esta actuación terá un impacto directo tanto para a seguridade do tránsito como para a eficiencia das operacións loxísticas vinculadas ao porto de Celeiro, un dos máis importantes en actividade pesqueira da provincia e de toda Galicia”. Ademais, esta zona dá acceso a servizos municipais como a piscina municipal ou espazos de gran afluencia como o recinto no que se celebra o Resurrection Fest. O orzamento deste proxecto será de preto de 140.000€ e prevé un prazo de execución dos traballos de catro meses.
Recordou a Deputada que a institución provincial investiu xa case 600 mil euros ao concello de Viveiro para humanizar e renovar os servizos na Rúa do Porto de Celeiro, no cruce da LU-P-6612 coa vía Lavandeira e o principal acceso á fachada marítima celeirense.
Colaboracións con Guitiriz e Ribas de Sil
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou novos convenios de colaboración cos concellos de Guitiriz e Ribas de Sil, cun investimento conxunto superior aos 400.000 euros destinado á mellora de espazos públicos, infraestruturas e servizos municipais.
No caso de Guitiriz, o acordo ascende a case 252.000 euros e inclúe tres actuacións principais: a renovación e ampliación do parque infantil da Praza do Campo da Feira en Lagostelle, a mellora do acceso ao núcleo de Saa e a renovación da sinalización viaria no centro urbano, ademais de actuacións complementarias na rede de saneamento e abastecemento.
En Ribas de Sil, a institución provincial achegará 100.000 euros e o Concello case 56.000 euros para a realización de nove actuacións. Entre elas destacan a mellora do firme de acceso a Figueirido, na parroquia de Piñeira; a renovación do alumeado público na Rúa Antonio Pedrosa-Pumares, en San Clodio; a construción de pasos peonís elevados e melloras nas beirarrúas; a ampliación da rede de abastecemento en Barreiro; e a instalación de luminarias solares na Fraga e no paseo fluvial de San Clodio.
O convenio tamén contempla a adquisición de mobiliario para eventos culturais e festivos, novo equipamento para o Servizo de Axuda no Fogar e a organización de actividades culturais, deportivas e festivas durante o verán, entre elas a IV Festa do Viño e a Festa da Xuventude.
“En resumo, son un conxunto de actuacións que supoñen un importante impulso para o desenvolvemento social e económica, combinando melloras en infraestruturas básicas, eficiencia enerxética, servizos sociais e dinamización cultural”, valorou a Voceira Socialista do Goberno.
Adxudicada a compra dunha autoformigoneira para Negueira de Muñiz
A Xunta de Goberno adxudicou tamén a contratación, por un importe de 153.065€, unha autoformigoneira para o Concello de Negueira de Muñiz. “Este equipamento permitirá ao municipio producir, mesturar, transportar e descargar formigón directamente, o que supón unha mellora importante na execución e mantemento das obras municipais”. Na comarca da Fonsagrada quedaron sen fábrica de formigón e levar este material de lonxe é complicado e caro, por iso esta colaboración é tan importante, porque permitirá que un concello pequeno poida aforrar custes e gañar eficiencia.
Nese sentido, a licitación permitirá a Negueira de Muñiz adquirir un vehículo “versátil e de moita utilidade nun municipio rural, pouco poboado, pero cunha extensa rede de infraestruturas que manter”. Concretamente, unha autoformigoneira autocargable de 3,5 metros cúbicos de capacidade de amasado.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



