A mesa electoral estará situada na Casa da Cultura e permanecerá aberta de 08:00 a 18:00 horas
Burela, 15 de maio de 2026.- O Concello de Burela informa de que este domingo, 17 de maio, un total de 314 veciñas e veciños da localidade están chamados a participar nas eleccións lexislativas de Cabo Verde, ao figurar no censo electoral correspondente.
A mesa electoral habilitada en Burela estará situada na Casa da Cultura, no espazo habitual empregado neste tipo de procesos, e permanecerá aberta en horario de 08:00 a 18:00 horas.
Dende o Concello anímase a todas as persoas censadas a exercer o seu dereito ao voto con normalidade, serenidade e nun ambiente marcado polo respecto democrático. A institución municipal destaca a importancia da participación da comunidade caboverdiana residente en Burela nun proceso electoral que tamén implica á diáspora e reforza os vínculos sociais, culturais e institucionais entre a vila e Cabo Verde.
Esta convocatoria dá continuidade ao traballo de colaboración desenvolto nos últimos meses coas autoridades caboverdianas. Neste sentido, o pasado mes de febreiro, o equipo da Embaixada de Cabo Verde desprazouse a Burela para facilitar a tramitación de pasaportes e a actualización do censo electoral, permitindo realizar 31 pasaportes e achegar estes servizos administrativos á comunidade residente sen necesidade de realizar desprazamentos.
O Concello de Burela subliña que este tipo de accións son fundamentais para garantir a proximidade da administración, facilitar os trámites á veciñanza e seguir reforzando a colaboración institucional coa Embaixada de Cabo Verde.























Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



