Navia, 15 de maio de 2026. O coñecido grupo vigués de indie pop Eladio y los seres queridos está de xira por toda España para celebrar o seu 20 aniversario e chegará ao concello asturiano de Navia o día 6 de xuño, sábado. Despois da súa exitosa parada en Oviedo o pasado 21 de febreiro, a banda volve recalar en Asturias, desta volta no Occidente. O concerto, no que presentarán o seu novo álbum —unha antoloxía titulada B.S.O. 2005-2025—, será ás 20:30 horas no Teatro Fantasio. As entradas están á venda na web unientradas.es:
https://www.unientradas.es/espectaculo/eladio-y-los-seres-queridos/ELADIOSQ060626
Eladio y los Seres Queridos cumpren 20 anos dunha traxectoria na que contan con 6 discos, xiras por todo o país en diferentes festivais, teatros e salas, mantendo sempre a fidelidade ao seu estilo particular que lles permite ser, a día de hoxe, unha das bandas máis estables do panorama musical estatal. Neste concerto estarán a presentar B.S.O. 2005-2025, un disco baixo o selo Esmerarte co que celebran o seu vixésimo aniversario, unha antoloxía que reúne as cancións que formaron parte dos seus set lists habituais ao longo das xiras destes últimos 20 anos, revisitadas coa axuda de colaboracións de luxo: Eva Amaral, Pucho de Vetusta Morla, Vega, Fillas de Cassandra, Depedro e Gala Santos.
O álbum é un novo fito na discografía dos pioneiros do indie galego e foi gravado con todos os músicos tocando en directo. O resultado é un son fresco e orgánico, apoiado na distinta paleta de cores que ofrecen as persoas colaboradoras. Producido polo propio Eladio Santos, o tamén compositor dixo o seguinte sobre o novo longa duración: “BSO es nuestra historia en canciones, la banda sonora de nuestros 20 años y es original porque tiene su sonido y universo personal. Es una pequeña y modesta historia pero tiene luz propia, por eso quizás nadie la pudo apagar”.
Abrindo o disco con forza e sensibilidade, Non quero perderte érguese como un dos temas protagonistas do álbum. Cantada integramente en galego, a canción reúne tres voces únicas nunha colaboración excepcional: Eva Amaral e o dúo Fillas de Cassandra.
En palabras de Eva Amaral: “Eladio tiene una de las voces más bonitas que he escuchado nunca. Así os lo digo como lo pienso. Su timbre, su profundidad, su manera de interpretar lo hacen para mí uno de mis cantantes favoritos de la historia de la música. Y aquí está, tan cerca. Que afortunada me siento de poder participar junto a Fillas de Casandra en este proyecto donde Eladio despliega todas esas canciones suyas que hacen que este mundo sea un poco más bello”.
Fillas de Cassandra engaden: “Para nosotras es una alegría formar parte de la recopilación de Eladio y entrar dentro de su mundo artístico. Nos hizo mucha ilusión que pensaran en el proyecto para la colaboración y poder poner, además, nuestras voces al lado de Eva Amaral, que para nosotras es una gran referente”.
Non quero perderte forma parte orixinalmente do disco Están Ustedes Unidos, do ano 2011. Un tema que inicialmente era en castelán e que axiña se converteu nun dos himnos do repertorio, sendo unha das cancións coas que máis se identifican as persoas fans da banda.
En palabras do propio Eladio: “La compuse hace más de 20 años, de hecho llegué a tocarla en directo con mis anteriores grupos. La primera versión era en castellano. Tiene algo de canción andina, también mexicana, quizá de La llorona, que tocaba mucho en esa época…pero el estribillo, tiene un 6/8 muy de pandeirada galega que precipitó su traducción y forma final en Están Ustedes Unidos (2011), ya no soy capaz de cantarla en castellano”.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



