Mondoñedo, 27 de maio, 2026. Os días 27 e 28 de xuño, Mondoñedo acollerá o IV Encontro Álvaro Cunqueiro, curso de verán da USC que se desenvolverá no Pazo de Santomé. O evento conta coa colaboración doutras institucións como o Concello de Mondoñedo, a Casa Museo Álvaro Cunqueiro e a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía de Galicia.
Esta cuarta edición, que leva como subtítulo “Camiño ao norde” —en referencia a unha obra do propio Cunqueiro—, xirará arredor das xeografías cunqueirianas. Durante esa fin de semana, Mondoñedo reunirá un destacado grupo de especialistas na vida e na obra do escritor, baixo a coordinación de Armando Requeixo, director do curso, acompañado polos secretarios Abel Vigo e Laura Caamaño.
O programa, centrado nos espazos bioliterarios, abordará a relación de Cunqueiro con Mondoñedo, A Mariña, Lugo, Santiago de Compostela e o Camiño, a Bretaña ou Vigo. Entre os relatores figuran Isabel Morán, Carlos Nuevo Cal, Martín Fernández Vizoso, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Lois Celeiro, Xosé Antonio López Silva, Javier Gómez Vázquez, Laura Paz Fentanes e María Xosé Porteiro.
O Encontro incluirá tamén a presentación do libro O Quixote na obra de Álvaro Cunqueiro, do profesor Anxo González Fernández, publicado expresamente para este curso de verán da USC. Na presentación participarán, ademais do autor, os profesores e membros da SIFA Marcelino Agís Villaverde, Javier Barcia, Rocío Carolo e Alba Iglesias.
As persoas asistentes poderán gozar tamén dun roteiro cunqueiriano por Mondoñedo, guiado por Abel Vigo, arqueólogo municipal, quen percorrerá as rúas da cidade para descubrir os espazos históricos que Cunqueiro recreou na súa obra.
Fóra do programa académico, tanto o alumnado matriculado como o público en xeral poderá asistir ao concerto do cantautor Francisco Castro, que terá lugar o sábado 27, de 22:30 a 23:30 horas.
As inscricións para participar no IV Encontro Álvaro Cunqueiro. Camiño ao norde están abertas ata o 12 de xuño no seguinte enlace da USC:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/encontro-alvaro-cunqueiro-camino-norde-4a-edicion-15231
Mondoñedo recibirá os días 27 e 28 de xuño todas as persoas interesadas en afondar non só nas xeografías literarias de Cunqueiro, senón tamén nos vínculos bioliterarios que conectan a figura do mindoniense con outros autores e territorios creativos.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



