Lugo, 6 de maio de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 27.000 euros para actuación de mellora na área recreativa do campo de Vilela, en Ribadeo.
O proxecto contempla converter a explanada actual, cun firme de zahorra, nunha pista multiuso, con pavimento de formigón desactivado, que a veciñanza poida empregar para a organización de actividades lúdicas, culturais e recreativas. Ademais, para evitar o pso de coches por ese punto, habilitarase un novo acceso ás vivendas.
O deputado de Rural Daniel García explicou que “se trata dunha actuación que responde ás demandas da veciñanza e que conecta co compromiso da Vicepresidencia da Deputación coa dinamización cultural e social das zonas rurais. As actividades lúdicas e culturais e a convivencia entre a veciñanza precisa de espazos públicos nos que desenvolverse con comodidade e con seguridade”, expuxo.
Pola súa banda, o alcalde, Dani Vega dixo que “ é unha moi boa noticia para Ribadeo, unha moi boa noticia para os veciños de Vilela. O proxecto conxunto, o proxecto que redactou o Concello de Ribadeo, que se presentou ante a Deputación é un proxecto de 82.000 euros. A Deputación achega 27.000 euros, o Concello pon cerca de 60.000”.
Vega subliñou que “este proxecto leva o selo da asociación de veciños de Vilela, grazas polo seu traballo, polo que realiza constantemente na reivindicación de investimentos para Vilela, e neste caso na colaboración co Concello de Ribadeo. Hai que destacar que con aquelas parroquias e lugares que teñen asociacións lévase adiante un traballo moi coordinado co Concello e iso evidentemente tradúcese en feitos”.
O alcalde manifestou: “esta boa nova para Vilela suporá que pasarán de ter unha área recreativa, que cando chegamos ao goberno era un lameiro concretamente, xa coa Xunta de Galicia investimos 7.000 euros para mellorar o espazo e traballando conxuntamente conseguimos que a Deputación achegue 27.000 euros e o Concello 60.000”.
Dani Vega tivo palabras de agradecemento para a Deputación de Lugo: “teño que trasladar o meu agradecemento ao deputado de Barreiros, Dani García, por este traballo, por entender e comprender que as administracións deben colaborar. Nós non temos problema con ningunha, xestionamos orzamento con todas en beneficio do noso concello. Iso é o único que nos move. Moitas grazas á asociación de veciños por este traballo que fai, que seguimos colaborando con toda a zona rural, pero hoxe esta nova inversión que ven para Ribadeo leva o selo, leva o traballo da asociación de veciños de Vilela e a colaboración do titular do espazo, que é o Concello, e tamén da Deputación, concretamente grazas a Dani García, que é deputado, que é de Barreiros, pero traballa conxuntamente con este Concello”.
O investimento canalizarase a través dun convenio entre a área de Rural e o Concello de Ribadeo, que se aprobou este venres na Xunta de Goberno da Deputación de Lugo.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



