O delegado territorial salienta o compromiso do Goberno galego para garantir as condicións de comodidade e seguridade da comunidade educativa no centro
Lugo, 21 de maio de 2026. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, negou hoxe a existencia de problemas estruturais nas instalacións do CEIP Vista Alegre de Burela “que se atopan, en xeral, nun bo estado” e asegurou que as reclamacións da comunidade educativa, “que, por suposto, entendemos e respectamos”, atenden unicamente a “cuestións puntuais” que se rexistran nos edificios do colexio.
Nesta liña, Arias indicou ademais que moitas das incidencias ás que fai referencia o colectivo educativo débense “a un deterioro acumulado, froito do deixamento por parte do Concello de Burela nas labores de mantemento e conservación ordinaria do centro, que son da súa competencia”.
O delegado territorial reiterou o compromiso do Goberno galego “para garantir condicións axeitadas de comodidade e seguridade tanto para o estudantado como para o profesorado e demais persoal” do colexio. Neste senso, lembrou que a Xunta destinou ao CEIP Vista Alegre arredor de 75.000 euros nos tres últimos anos, renovando boa parte do peche perimetral, substituíndo luminarias ou mellorando a caldeira e os canlóns e baixantes co fin de mellorar a eficiencia enerxética.
Segundo explicou, a Consellería de Educación, Ciencia e Formación Profesional segue traballando, “en coordinación co centro, para atender as posibles necesidades do colexio, de maneira planificada e responsable”. Neste senso, explicou que estes días estase actuando para solucionar un problema de filtracións de auga derivado da rotura dunha tubaxe baixo un dos edificios do colexio e adiantou que hai previstas outras intervencións para avanzar na actualización das instalacións, como a substitución das ventás do comedor e da aula de Pedagoxía Terapéutica”. De todo isto informou recentemente a directora territorial da Consellería de Educación nunha reunión mantida cos representantes do Consello Escolar do CEIP Vista Alegre.
Ademais das obras realizadas e previstas no centro, Arias referiuse tamén á colaboración mantida coa Anpa do CEIP Vista Alegre, a través de distintas liñas de apoio, que lle permitiu desenvolver numerosos proxectos e actividades. Así, a asociación de pais e nais puxo en marcha unha ludoteca con fondos do Plan Corresponsables, cofinanciado pola Xunta, e recibiu tamén achegas autonómicas para desenvolver actividades como foi, o pasado ano, o programa ‘Lúcido 2 en Igualdade’, un proxecto formativo con sesións dirixidas a traballar os estereotipos e a violencia de xénero e no que participaron 220 familias e preto de 300 rapaces e rapazas.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



