O Vicedo, 21 de maio, 2026. O Grupo Municipal Socialista de O Vicedo presentará no Pleno do mércores 27 de maio unha moción para solicitar a elaboración dun Plan de Mobilidade e Reubicación de Contedores no municipio.
Desde o PSOE explican que existen numerosos puntos nos que os contedores ocupan as beirarrúas, dificultando o paso de persoas maiores, persoas con mobilidade reducida, cadeiras de rodas ou carriños de bebés, obrigando en ocasións a invadir a calzada.
A moción tamén propón estudar e adaptar rampas e accesos ás beirarrúas que presentan barreiras arquitectónicas ou problemas de seguridade.
Entre as medidas propostas inclúense:
– Reubicar progresivamente os contedores que ocupan zonas de paso.
– Continuar coa instalación de bases e sistemas de ancoraxe.
– Mellorar a accesibilidade nas beirarrúas do municipio.
– Solicitar subvencións doutras administracións para financiar as actuacións.
Desde o Grupo Municipal Socialista sinalan que “o obxectivo é mellorar a seguridade, a accesibilidade e a mobilidade nas rúas e espazos públicos do noso concello”.
A voceira socialista, Verónica Canoura, anima á veciñanza a asistir ao Pleno municipal, lembrando que “os plenos son públicos e todas as veciñas e veciños poden acudir para coñecer de primeira man os asuntos que afectan ao noso concello”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



