Ribadeo, 21 de maio de 2026. Oitenta e oito equipos de 8 países daranse cita os días 23 e 24 de maio no XX Torneo Internacional Vila de Ribadeo de Fútbol Veteranos.
Son 66 equipos con xogadores de máis de 35 anos e 22 equipos con máis de 45 anos. Seis clubs proceden de Portugal (un deles das illas Azores), 2 son franceses (un deles de Mayote, illa situada no Índico), tamén estarán en Ribadeo equipos chegados de Polonia, Irlanda, Arxentina, Brasil e México, así como de 21 provincias españolas.
O torneo, que mobiliza a preto de dúas mil persoas, disputarase en once campos de fútbol de Galicia e Asturias: en Ribadeo, San Miguel, San Cosme, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Vegadeo, Tapia, Coaña, Navia e Luarca.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “por parte do Concello apoiamos en todo o que podemos este importante evento deportivo e agradecemos moito o esforzo que fai a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. O Torneo encherá de xente a nosa vila esta fin de semana de maio así como outros concellos da zona porque van competir en diferentes instalacións de distintos municipios galegos e asturianos. Agardamos que lles guste moito Ribadeo e que se convertan nos mellores embaixadores posibles do noso concello”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou: “desde Acisa Ribadeo estamos encantados de colaborar, un ano máis, con este torneo internacional, que organiza a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. Agardamos que os equipos participantes e os seus acompañantes disfruten da súa estadía entre nós. É unha fin de semana moi importante pola dinamización económica que implica esta cita para os hoteis, bares e restaurantes e tamén o será para o comercio”.
Desde a asociación de veteranos do Ribadeo FC o seu presidente, Juan Rodríguez Peceux, subliñou que “desde a organización só nos queda agradecer a todos aqueles que fan posible que este torneo siga medrando e que ano tras ano poidamos encher Ribadeo e os municipios limítrofes. Quero desexarlles a todos os participantes que se divirtan e que aproveiten para coñecer moito a zona na que van estar”.
No acto de presentación do XX Torneo Internacional Vila de Ribadeo de Fútbol Veteranos participaron o alcalde, Dani Vega, o presidente da asociación de veteranos do Ribadeo FC, Juan Rodríguez Peceux, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



