Os concelleiros do PP pregúntanse “se esta é a RPT que merecen todos os traballadores e traballadoras do Concello ou é a que máis lle convén ao actual equipo de goberno”
Burela, 21 de maio de 2026. Os concelleiros do Partido Popular explican que “sobre a RPT aprobada este xoves polo goberno local de Burela parece haber acordo; pero o certo e verdade é que, a pesar de ser asinada polos delegados sindicais dos traballadores do Concello, nos trasladan que a alcaldesa informou de que esta era a RPT que se ía presentar sen dar lugar a negociación”. Os populares condenan que “dera a entender que ou se aceptaba a súa proposta ou non habería RPT”. Nese contexto, “entendemos que aceptaron a proposta co obxectivo de, polo menos, mellorar algo as condicións laborais dos traballadores do Concello”.
O Grupo Municipal Popular abstívose na votación toda vez que “os propios traballadores teñen manifestado en varias ocasións o seu desacordo con esta RPT porque ven diversas inxustizas que non foron corrixidas, a pesar de ter advertido á señora López Moreno en varias ocasións”. Por exemplo, hai persoas cuxo posto foi valorado cunha determinada puntuación e que, segundo o informe da empresa externa lle correspondería un determinado nivel dentro da RPT, “pero segue mantendo o mesmo nivel que outras postos que obteñen a metade da súa puntuación”.
Os representantes do PP burelés explican que “curiosamente unha praza relevante para o Concello como é a de arquitecto diminúe a súa retribución”. Nese sentido, os concelleiros do PP pregúntanse “se esta é unha forma de fomentar que haxa arquitectos interesados en vir para Burela” para desempeñar as funcións correspondentes e que agora mesmo se atopan vacantes dentro do departamento de urbanismo.
Os populares advirten doutra “incoherencia” desta RPT: “No Concello de Burela hai tres habilitados nacionais que son os funcionarios de Intervención, Secretaría e Tesourería. Tamén casualmente se lles valorou o punto aos dous primeiros a 30 euros, cando a de Tesourería se valou como ao resto do persoal do Concello, bastante menos”. Así, entenden que “os titulares dos departamentos de Secretaría e Intervención estarán sumamente contentos con esta RPT, pero non sei se o estaría tanto o posible titular do departamento de Tesourería”.
Os populares preguntáronlle á alcaldesa no propio Pleno “se esta era a RPT que merecían todos os traballadores e traballadoras do Concello ou era a que máis lle conviña ao actual equipo de goberno. Pero non respondeu”.
Os concelleiros do Partido Popular cren que “a RPT que se debera aprobar no Concello de Burela debería ser xusta para todos os traballadores e traballadoras, valorando con equidade e cun criterio acordo ás súas responsabilidades a todos os traballadores e traballadoras do Concello”. Con todo, aseguran que “nos alegramos por aqueles que se viron favorecidos”, pero “lamentamos que unha boa parte dos traballadores e traballadoras se sintan prexudicados pola RPT imposta pola señora López Moreno”.
PLENO “HISTÓRICO”
O PP de Burela cre que o Pleno do Concello é “histórico” como o definiu a alcaldesa, pero “porque a señora López Moreno buscou a fórmula para evitar que todos os concelleiros da Corporación estivesen presentes para posicionarse ao respecto da Relación de Postos de Traballo (RPT)”.
Os populares condenan que “a alcaldesa non incorporara este asunto que leva anos de atraso na orde do día do vindeiro Pleno ordinario previsto para a vindeira semana”. De feito, mantivo a convocatoria para este xoves en horario de mañá en lugar de abordar este asunto tan importante nunha sesión en horario de tarde -como estaba acordado a comezos de mandato para os Plenos ordinarios- na que, moi probablemente, participasen todos os representantes dos veciños”.
Dende o Grupo Municipal Popular lembran que “este proceder xa se repetiu máis veces neste mandato”, especialmente, “cando houbo que votar outros puntos clave”, conclúen.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



