As persoas participantes poderán colaborar en actividades como Cervo Concilia, Noites Alternativas, a Biblioteca, a Maruxaina ou a representación teatral da Queimada –estas dúas últimas como novidade nesta edición-
Cervo, 22 de maio do 2026. O Concello de Cervo vén de abrir unha nova edición do programa xuvenil “Cervo a carón do voluntariado X”, unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos coa que se pretende promover a participación activa da xuventude na vida social e cultural do municipio durante os meses de verán.
A décima edición deste programa supón xa unha cifra especial e consolídase como unha aposta importante do Concello de Cervo por fomentar o voluntariado e a implicación da mocidade nas diferentes iniciativas municipais.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitou o IES Marqués de Sargadelos para presentarlle o proxecto ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, animándoos a formar parte dunha experiencia “moi enriquecedora tanto a nivel persoal como social”.
Durante o encontro, a rexedora destacou os aspectos positivos deste programa de voluntariado, subliñando que “é unha oportunidade para seguir conectados con iniciativas municipais coas que moitos deles xa medraron”, facendo referencia, entre outros, ao programa Cervo Concilia, no que moitos dos mozos e mozas que hoxe son alumnos do instituto xa desfrutaron durante as súas vacacións cando eran máis pequenos.
Neste senso, García Caramés puxo en valor que agora sexan eles quen poidan colaborar activamente coas novas xeracións, implicándose en actividades destinadas ás crianzas e contribuíndo ao bo desenvolvemento das propostas municipais de verán.
As persoas voluntarias participarán en diferentes iniciativas organizadas polo Concello e en colaboración con outras asociacions, especialmente vinculadas ao apoio en programas infantís, actividades culturais e propostas de ocio alternativo. Entre as actividades nas que poderán colaborar figuran Cervo Concilia, as Noites Alternativas, a Biblioteca Municipal e, como novidade este ano, tamén diferentes iniciativas vinculadas á Maruxaina e á representación teatral da Queimada.
O proxecto de Acción Voluntaria prolongarase durante todo o verán, de xeito que cada voluntario ou voluntaria colaborará nas iniciativas propostas un máximo de 60 xornadas e 6 horas en cada unha.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



