Xove, 22 de maio, 2026. Na colisión resultaron feridas dúas persoas, unha delas é membro do equipo municipal de vixilancia e da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Xove.
En total, tres vehículos estiveron implicados nesta colisión, da que tivo constancia o 112 Galicia ás 8:30 horas desta mañá.
Varias chamadas de alertadores particulares permitiron poñer o foco sobre o sinistro, que comezou cun choque fronto lateral entre dous turismos. Posteriormente, un terceiro bateu contra os primeiros.
Como consecuencia do impacto múltiple, dúas persoas necesitaron asistencia médica. Ambas as dúas foron atendidas e trasladadas por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois presentaban lesións de diversa consideración.
Malia que un dos vehículos implicados envorcou, todos os ocupantes estaban liberados e accesibles, polo que descartouse calquera tipo de rescate.
Así, ademais de sanitarios, os xestores do 112 Galicia avisaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil da localidade, que acudiron ao lugar do accidente, no Camiño Real, en Xove.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



