Ribadeo, 22 de maio, 2026. O BNG de Ribadeo cualificou de “auténtico despropósito e falta de respecto institucional” o volume de gasto en comidas xerado polo goberno do PP en 2025, que, segundo a formación nacionalista, supera en 4.000 euros o gasto do ano 2024. Tras acceder aos datos oficiais do Concello, o grupo municipal revelou que a factura total asumida pola veciñanza por estes xantares ascende a 30.000 euros.
Para o BNG, o dato máis preocupante é o uso reiterado deste tipo de gastos por parte do alcalde. A concelleira Raquel Ferreira sinala que “o 66% de todas as facturas por comidas pagadas polo Concello pertencen directamente á Alcaldía”, denunciando que existe un hábito semanal de xantar fóra sen xustificación de representación nin relación con traballos reais para o municipio.
Ferreira establece unha comparativa que cualifica de “demoledora”: “Mentres o Concello ten que buscar fondos noutras administracións, o alcalde gasta 30.000 euros que se poderían destinar a pagar facturas ou a axudas de emerxencia social”.
A concelleira lembra que os gastos de representación deben ser excepcionais, e non servir para sufragar o menú diario dun alcalde que, segundo indica, xa conta cun dos soldos máis altos da comarca.
“Parece que non lle chega co soldo, e aínda por riba temos que pagar as súas comidas diarias. Son 2.500 euros ao mes en papatorias do alcalde e o seu equipo. O diñeiro dos ribadenses está para mellorar os servizos e a vida da cidadanía, non para financiar banquetes de ninguén”, conclúe Ferreira.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



