Ribadeo, 22 de maio de 2026. O Campo de San Francisco acollerá os días 22, 23 e 24 de maio unha nova edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, organizada polo Concello, cun amplo programa de actividades culturais arredor da literatura galega, a promoción da lectura e o encontro entre creadoras, creadores e público.
A XII edición de Letras no Campo converterá Ribadeo nun gran espazo aberto á palabra, aos libros e á cultura galega durante tres xornadas cunha programación diversa pensada para todos os públicos. A cita reafirma o compromiso do Concello coa dinamización cultural da vila, o apoio ao sector do libro e o fomento da lectura.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “ao longo da feira desenvolveranse presentacións literarias, encontros con autoras e autores, obradoiros infantís, actividades didácticas, actuacións musicais, divulgación histórica e propostas participativas que achegan a cultura á cidadanía dun xeito próximo e dinámico. A programación destaca pola variedade de estilos e temáticas, desde a narrativa contemporánea ata a saúde, a memoria histórica, a ilustración ou a literatura infantil”.
Entre os nomes destacados desta edición figuran Abril Camino, premio Xerais de Narrativa 2025 e encargada do pregón inaugural; ademais de autoras e autores como María Solar, Paloma García Méndez, Lois Pérez, Farruco Graña, Monse Fernández, Vanesa Arizmendi ou o doutor Manuel Viso, entre outros representantes do panorama cultural galego.
A edil ribadense destacou que “Letras no Campo é unha cita xa consolidada no calendario cultural de Ribadeo. Esta feira permite achegar a literatura galega á veciñanza dun xeito próximo e dinámico, convertendo o Campo de San Francisco nun espazo de encontro arredor dos libros, da creación e da cultura”. E puxo tamén en valor “a importante labor das librarías, editoriais, centros educativos e persoas creadoras que participan nesta iniciativa, contribuíndo a fortalecer o tecido cultural galego e o hábito lector entre a cidadanía”.
Un dos eixos destacados desta edición será Letriñas no Campo, unha programación específica dirixida á infancia e á mocidade con obradoiros, actividades creativas e propostas participativas que buscan fomentar o interese pola lectura e pola lingua galega desde idades temperás.
A feira contará ademais coa participación de distintas librarías e editoriais, así como coa colaboración de entidades culturais, centros educativos e institucións locais que contribúen a consolidar unha cita xa referente no calendario cultural da Mariña.
Entre os actos previstos figuran tamén actuacións musicais, obradoiros de ilustración e reciclaxe de libros, actividades de beatbox para público infantil e a entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2026, convocado pola Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
Desde o Concello de Ribadeo animan “á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta celebración da lectura e da cultura galega, nun espazo aberto para compartir historias, ideas e emocións arredor dos libros”.






















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



