O plan de intervención centrarase en desmantelar diques e comportas obsoletas para devolver as mareas ao seu estado natural
Ortigueira, 22 de maio de 2026. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico deu luz verde definitiva ás obras de restauración das marismas da enseada de Mera, na ría de Ortigueira. Esta intervención finánciase a través do programa europeo LIFE e ten como obxectivo principal reparar o dano ambiental acumulado durante décadas no humidal.
A actuación centrarase na eliminación de recheos artificiais, diques e comportas obsoletas pertencentes a antigas explotacións acuícolas xa sen actividade. Ao retirar estes obstáculos, a auga do mar volverá entrar de forma limpa e regular coas mareas, devolvendo a dinámica natural e a saúde biolóxica a máis de 50 hectáreas de terreo intermareal.
O proxecto definitivo contempla un plan de obra centrado na restauración ecolóxica, priorizando a demolición dos elementos que bloquean o ecosistema. O documento técnico elaborado polo Ministerio establece como solución o desmantelamento completo dos diques, caballóns de terra e escolleras artificiais que dividen o humidal. Estas antigas barreiras suman unha lonxitude total de case tres quilómetros e manteñen retidas masas de auga estancada, impedindo que o ciclo das mareas limpe os fondos da marisma.
Os traballos de demolición requirirán a mobilización e retirada de máis de 48.000 m³ de pedra, terra e bloques de formigón. Paralelamente, o proxecto inclúe a demolición do complexo de portas metálicas e de formigón que se atopan en estado ruinoso e con graves problemas de corrosión.
Plan ambiental para recuperar flora e fauna
A enseada de Mera forma parte da Rede Natura 2000 e está catalogada internacionalmente como humidal de importancia estratéxica polo Convenio Ramsar, servindo de refuxio e zona de alimentación para multitude de aves acuáticas protexidas. O proxecto técnico busca rexenerar os hábitats propios da marisma galega, o que permitirá frear a degradación do solo, oxigenar os fondos e recuperar a vexetación autóctona perdida debido ao estancamento da auga.
O plan ambiental tamén se centrará en erradicar a flora invasora que se estendeu por máis de sesenta mil metros cadrados debido ás alteracións do solo sufridas nos anos oitenta. As cuadrillas de operarios eliminarán de raíz grandes extensións de canas, plumeros da Pampa e eucaliptos para favorecer exclusivamente a recolonización natural de plantas halófitas e subhalófitas, especies autóctonas adaptadas aos entornos salinos e necesarias para consolidar as chairas fangosas da ría. O obxectivo final é restablecer o equilibrio biolóxico orixinal para asegurar o futuro das poboacións de aves acuáticas protexidas que utilizan a enseada como zona de cría e descanso migratorio.
As obras inclúen un rigoroso plan de vixilancia ambiental que monitorizará a calidade da auga, a evolución da fauna e o estado dos sedimentos tanto durante os traballos como nos anos posteriores á súa finalización. Este seguimento técnico prestará especial atención ao entorno da ría para garantir que o movemento de terras non interfira negativamente coa actividade produtiva da zona.
Valentín Calvín: “La recuperación de la ensenada es de enorme trascendencia”
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destacou a “enorme trascendencia que tiene el inicio de esta recuperación para el futuro del municipio”. O rexedor afirma que a intervención na marisma de Mera demostra un compromiso real coa conservación do patrimonio natural e pon en valor “un entorno del que nos sentimos profundamente orgullosos”. Calvín sinala ademais que sanear o corazón da ría “traerá beneficios directos que van mucho más allá de lo ecológico, ya que una marisma viva y funcional es el mejor motor para el turismo sostenible y una garantía de futuro para los bancos marisqueros locales, cuya productividad depende directamente del equilibrio ambiental de estas aguas”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


