O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, subliña este fito como “vital para la economía local”, pois os areais son un dos principais atractivos do municipio
Ortigueira, 5 de maio de 2026. O Concello de Ortigueira logrou recuperar o distintivo de Bandeira Azul para os seus dous areais principais, Morouzos e A Concha. Con esta resolución, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) volve situar a costa ortegá no mapa da excelencia turística e medioambiental, devolvendo uns galardóns que o municipio non obtía de forma conxunta desde hai case unha década.
A recuperación destes distintivos pon fin a un período de ausencia que comezou en 2018, ano no que o Concello quedou sen ningunha bandeira. No caso da praia de Morouzos, o areal perdera o recoñecemento precisamente nese 2018 tras telo mantido o ano anterior. Pola súa banda, a praia da Concha volve contar con este selo de calidade que non ostentaba desde 2016, ao perdelo na convocatoria de 2017.
A obtención das bandeiras é o resultado dun rigoroso expediente de candidatura coordinado directamente pola oficina técnica de Medio Ambiente. Este traballo contou coa colaboración transversal das áreas de Turismo e dos responsables dos servizos de limpeza e seguridade. Para cumprir coas estritas esixencias da ADEAC, a comisión organizadora integrou de maneira activa o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e a Policía Local, que supervisaron os protocolos de vixilancia e salvamento necesarios para garantir a seguridade das persoas usuarias.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, amosou a súa satisfacción por un logro que considera “vital para la economía local”. O rexedor subliña que este recoñecemento “es un paso estratégico, ya que las playas constituyen uno de los mayores atractivos para los visitantes que recibe nuestra localidad cada temporada”.
Segundo explica Valentín Calvín, recuperar estas bandeiras era “un objetivo prioritario para el gobierno municipal” desde o inicio da lexislatura. O alcalde sinala que este éxito pertence “a todo el equipo técnico y a los departamentos implicados”, cuxo traballo conxunto permitiu elevar de novo os estándares dos servizos municipais. Así mesmo, Calvín destaca que contar con estes selos de calidade reforza a imaxe de Ortigueira como un destino sostible e seguro, o que repercutirá positivamente no sector hostaleiro e comercial da zona.
O rexedor lembra que “mantener estos distintivos exigirá un compromiso constante” durante todo o verán para asegurar que o estado das augas, a xestión dos residuos e a atención á cidadanía sigan cumprindo cos niveis de excelencia agora recuperados; ao tempo que afirma que “seguiremos trabajando para que estos distintivos lleguen a más arenales”.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



