Lugo, 13 de maio, 2026. A Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ensino de Lugo (FAPACEL) manifesta o seu apoio firme á comunidade educativa do CEIP Vista Alegre, que leva semanas mobilizándose cada xoves ante unha situación que consideran de abandono institucional e que non admite máis demoras.
O edificio, con máis de 40 anos de antigüidade, presenta deficiencias graves: humidades persistentes con posibles afectacións estruturais, baños obsoletos e con avarías recorrentes, fiestras e persianas deterioradas, carpintería danada, problemas na instalación eléctrica e ausencia de espazos cubertos para o lecer do alumnado.
A esta realidade súmase un aspecto especialmente preocupante: o centro non é accesible. Non garante a igualdade de acceso para todo o alumnado, nin en situacións de mobilidade reducida nin temporal, o que supón un incumprimento inaceptable.
FAPACEL considera este problema como propio. Non se trata de incidencias puntuais nin de mantemento menor, senón dunha situación estrutural que require unha intervención integral e urxente. As actuacións illadas realizadas ata o momento non solucionan o deterioro e só o prolongan no tempo. Ademais, esta situación forma parte dun contexto máis amplo no que numerosos centros educativos presentan problemas similares que tamén precisan atención inmediata por parte da administración.
Por todo isto, a Federación esixe:
– Unha avaliación técnica completa e inmediata do edificio.
– Un proxecto de rehabilitación integral do CEIP Vista Alegre.
– A eliminación efectiva de todas as barreiras arquitectónicas.
– A inclusión prioritaria do centro nos plans de investimento da administración educativa.
Non se trata de melloras opcionais, senón de garantir dereitos básicos: que o alumnado poida estudar nun centro seguro, digno e accesible.
FAPACEL anuncia que continuará apoiando as mobilizacións ata que existan compromisos reais, con prazos e investimentos concretos. O CEIP Vista Alegre non pode agardar máis.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


