Burela, 12 de xuño, 2026. A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Lugo (FAPACEL) expresou o seu total apoio á concentración convocada pola ANPA do CEIP Vista Alegre de Burela... Ler máis
Lugo, 28 de maio, 2026. A Federación de ANPAS de Centros Públicos de Lugo (FAPACEL) manifesta a súa satisfacción pola inclusión do CEIP de Meira no novo paquete de actuacións anunciado pola... Ler máis
Lugo, 13 de maio, 2026. A Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ensino de Lugo (FAPACEL) manifesta o seu apoio firme á comunidade educativa do CEIP Vista Alegre, que leva semanas mobili... Ler máis
Viveiro, 22 de novembro, 2025. Dende a FAPACEL denuncian “con absoluta rotundidade a situación que está a vivir o CEIP de Covas. O que ocorre neste centro non é un caso illado, senón a... Ler máis
Burela, 13 de decembro, 2022. Dende a FAPACEL apoiamos as protestas da Anpa do Ceip Plurilingüe Vista Alegre de Burela sobre a calidade da comida que se sirve no comedor escolar dese centro... Ler máis
Lugo, 14 de outubro, 2021. Dende a FAPACEL e coa colaboración da área de Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo organizamos o día 16 de outubro no polideportivo do Centro Público d... Ler máis






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



