A presidenta provincial puxo en valor o traballo dos alcaldes e a dedicación dos portavoces nunha reunión con representantes das comarcas da Terra Chá, Meira e A Mariña
Vilalba, 21 de xullo de 2026. A presidenta, Elena Candia, puxo en valor o traballo dos alcaldes e portavoces co apoio dos seus equipos nunha reunión con representantes das comarcas da Terra Chá, Meira e A Mariña coa que o PP lucense pecha un ciclo de xuntanzas de traballo no peche deste curso político marcado polos escándalos do PSOE coa sucesión de casos de corrupción vinculados ao Goberno de Sánchez e a denuncia ao ex presidente da Deputación e responsable do PSOE na provincia.
A popular recoñeceu “o traballo diario dos alcaldes para cumprir” cos veciños e veciñas e destacou o labor do PP nos municipios onde recuperou o goberno logrando, ademais, cumprir as súas propostas como é o caso de Viveiro e O Valadouro. Na actualidade, o 65% de poboación da provincia conta cun alcalde ou alcaldesa do Partido Popular.
Pero tamén puxo en valor “o papel dos portavoces” nos municipios onde o Partido Popular se atopa na oposición. Así, Candia destacou a constancia de Eugenia Requeijo no labor de fiscalización ao goberno nacionalista de Muras para detectar, a pesar das dificultades para acceder á documentación do Concello, o pago de facturas por riba do límite establecido legalmente para contratos menores e de forma reiterada a gabinetes xurídicos vinculados ao BNG e Adega, a asociación que leva a Xunta aos xulgados polos parques eólicos. De feito, o PP de Muras presentou denuncia contra o alcalde por presunta prevaricación administrativa continuada.
Os populares cren que “os veciños de Muras teñen que saber que o alcalde leva tempo levantando os reparos de Intervención para abonar facturas por servizos de asesoramento xurídico a empresas vinculadas entre si e con membros do BNG superando o límite legal para contratos menores”.
UN PROXECTO POLÍTICO CONSTRUÍDO DENDE A UNIDADE
A dirixente popular lembrou que “2 de cada 3 lucenses teñen como alcalde ou alcaldesa a un representante do Partido Popular” de forma que “o noso proxecto político se consolida como a forza política maioritaria e o gran referente da xestión municipal no territorio”.
Candia subliñou que “non é casualidade: é froito do esforzo, da dedicación, da implicación de todos e do traballo en equipo. Porque para acadar obxectivos é imprescindible traballar coordinados na mesma dirección”.
Polo tanto, convidou a todos a “traballar dende a unidade” de cara ás vindeiras eleccións municipais co obxectivo de que o PP lucense volva a ser a forza na que confíen a maioría dos veciños e veciñas da provincia.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



