Burela, 21 de xullo, 2026. Paula León Rodríguez (Valladolid, 9/06/2001) é a primeira novidade do conxunto de Javier Pardeiro para a tempada 2026–27. A ala-peche chega ao fútbol sala galego procedente do River Zamora FS, de Segunda División, categoría que tamén defendeu co CD Universidad de Valladolid.
Intensidade e velocidade definen o seu xogo. “Considérome unha xogadora rápida, intensa e moi traballadora. Gústame encarar, xerar situacións de perigo e tamén implicarme en tarefas defensivas. Creo que podo achegar compromiso, esforzo e moitas ganas de seguir crecendo. Sempre intento dar o máximo en cada adestramento e en cada partido”, explica a xogadora de 25 anos, que chega a Burela con moita ilusión: “Burela é un club con moita historia e un referente no fútbol sala feminino, así que estou moi agradecida pola confianza que depositaron en min, é unha grande oportunidade. Afronto esta etapa con moitísima ilusión e con moitas ganas de empezar a traballar”.
A nova xogadora laranxa achegará experiencia na categoría e coñecemento das rivais: “É a primeira vez que vou xogar nun club de Galicia, aínda que durante as miñas tres tempadas en Segunda División, en dúas delas tocoume competir nese grupo, así que coñezo o nivel que hai e sei que é unha categoría moi esixente. Afronto este cambio con moitísimas ganas e ilusión. É un paso importante porque deixo a miña zona de comodidade, pero creo que saír da casa e vivir unha experiencia así me vai axudar a crecer tanto como xogadora coma a nivel privado. Teño moitas ganas de empezar, coñecer ao equipo e gozar desta nova etapa”.
Preséntase unha tempada chea de retos. “Son unha xogadora moi competitiva, así que tamén quero pelexar ao máximo en cada partido para axudar a que o club estea o máis arriba posible”, conclúe Pau, desexando que chegue a pretempada na Mariña.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


