O novo equipo, adquirido por 40.000 euros, permitirá realizar tarefas de desbroce en zonas con pendente con maior rapidez e menor risco para as persoas traballadoras
Burela, 21 de xullo de 2026. O Concello vén de incorporar ao seu equipamento un robot desbrozador destinado aos traballos de mantemento e limpeza de parcelas. A adquisición deste novo equipo ten como obxectivo reforzar a capacidade de actuación dos servizos municipais, axilizar as tarefas de desbroce e mellorar as condicións de seguridade do persoal encargado.
A nova máquina está especialmente deseñada para traballar en terreos con pendentes, o que permite que os operarios non teñan que realizar manualmente limpezas en zonas de maior dificultade e risco. Ademais, conta con regulación da altura de corte entre os 20 e os 150 milímetros e ofrece a posibilidade de realizar o desbroce en ambos os sentidos sen necesidade de manobrar.
Segundo explicou o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, esta incorporación permitirá “facer os traballos moito máis rápido e con moita máis seguridade, evitando que os operarios teñan que expoñerse a riscos en zonas de gran pendente”.
A adquisición levouse a cabo mediante un procedemento de licitación pública que saíu cun orzamento de 48.400 euros, ao que concorreron catro empresas, acadándose finalmente unha baixa de 8.000 euros.
O concelleiro de Obras subliñou que “dende o Concello seguimos invertindo en novas tecnoloxías para mellorar a vida dos veciños, prestando os servizos municipais coa maior eficacia posible”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


