Mañón, 23 de xullo, 2026. Dous tripulantes tiveron que ser rescatados polos equipos de emerxencia despois de que a embarcación na que viaxaban quedase sen goberno tras o contacto cun grupo de orcas.
O 112 Galicia recibiu aviso do suceso ás 17:05 horas. Segundo a información facilitada polos xestores de emerxencias, os ocupantes da embarcación alertaban de que un grupo de orcas se atopaba arredor do barco, que permanecía sen timón e, polo tanto, sen capacidade de manobra.
Ante esta situación, desde a sala do 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se deu aviso á Garda Civil, ao GES de Ortigueira e aos efectivos de Protección Civil.
Como consecuencia do incidente, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia mobilizaron varios medios marítimos, ademais do helicóptero Helimer. Finalmente, os dous tripulantes puideron ser rescatados en bo estado de saúde.
A embarcación, pola súa banda, non puido ser recuperada e acabou afundíndose por completo a unhas tres millas da costa de Mañón.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



