España, dende o século XIX, cando deixóu de ser un imperio, nunca foi capaz de construír un proxecto político en consonancia coa súa realidade plurinacional. Tal fracaso, non só marcou o seu futuro conflitivo dende o século XIX senón que tamén, lle impediu aproveitar todo o seu potencial dende o establecemento dun Estado federal que como nos di o profesor Villacañas, sería o máis caído a un país post imperial, e xa que logo, diverso na súa configuración territorial .
Se esta foi unha imposibilidade frustrada, o devandito Estado tamén sería incapaz de construír unha nación homoxénea ao estilo de Francia. E todo elo daría lugar a que a Institución monárquica quedara como único referente para facer medianamente viable o devandito Estado post imperial.
En tales circunstancias e na contorna desta institución foise formando, á marxe da auténtica realidade do país, un proxecto dominante liderado por unha elites tradicionais e ultraconservadoras, que acabarían consolidándose, con algunha variante, ao longo da ditadura franquista e formando o núcleo fundamental das dereitas actuais .
Estamos a falar dunha elites oligárquicas que a cotío buscaron a súa lexitimación identificando os seus particulares intereses cos xerais do país. Pero tal proxecto impostor, nunca deixóu de ser o froito dunha alianza allea ás auténticas necesidades e intereses da España real .
Estamos, xa que logo, diante dunha oligarquía endogámica que se foi reproducindo na contorna do poder político para chegar ata hoxe perseguindo o mesmo obxetivo de sempre: parasitar e instrumentalizar o Estado no seu particular beneficio.
E, como consecuencia de tal anomalía, sempre que sentiron peligrar os seus privilexios, ou ben se inventaron un enemigo da “unidade da patria” como chivo expiatorio para derivar a atención dos verdadeiros responsables dos males do país, ou, no peor dos casos, provocaron unha guerra civil como a do 36.
Esta oligarquía enraizada na historia de España, sempre se sentiu a auténtica dona do país, o que supuxo un enorme atranco para a construción dun proxecto de Estado autenticamente democrático capaz de aglutinar a todo aquel territorio que a devandita oligarquía chama periferia e no que todo o país se poidera sentir representado
Mentres isto non se produza, España será un país inconcluso, a medio facer, e xa que logo, sen un obxetivo común que dea sentido a todo o país.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



