A deputada Iria Carreira esixe medidas inmediatas e a máis longo prazo para adaptar as infraestruturas sanitarias aos efectos do cambio climático
Santiago de Compostela, 12 de xullo, 2026. A portavoz de Sanidade Hospitalaria do BNG no Parlamento, Iria Carreira, denuncia as condicións que teñen que soportar as e os doentes ingresados e as persoas que os acompañan, así como o persoal traballador da rede de centros do Sergas a causa das altas temperaturas, que nalgún caso chegaron a superar estes días os 30 grados nas habitacións.
“O calor é abafante, hai cuartos de hospital nos que se chega a superar os 30 º de temperatura, con noites nas que non refresca o suficiente para permitir un bo descanso, o que dificulta a recuperación da xente que está ingresada e as condicións de traballo do persoal”, advirte a deputada nacionalista, que vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa para reclamar á Xunta que adopte medidas para combater os efectos do cambio climático nas infraestruturas hospitalarias.
Segundo explica Carreira, nos últimos días, a consecuencia das ondas de calor rexistradas, está habendo problemas polas altas temperaturas en todas as áreas sanitarias e en practicamente todos os hospitais do Sergas, sobre todo nos máis vellos. Lembra, neste punto, as queixas de pacientes, familias e persoal no Chuac da Coruña, no Arquitecto Marcide de Ferrol, Provincial de Santiago ou no hospital de Ourense.
Subliña, ademais, que o problema se agrava naqueles casos nos que as habitacións están ocupadas por tres persoas, como sucede no complexo da Coruña, con seis plantas afectadas. “Nalgúns casos hai ventiladores, pero non sempre chegan”, explica.
“As infraestruturas dos hospitais galegos non están adaptadas á nova realidade do cambio climático”, con vagas de calor que se repiten verán tras verán e que cada vez son máis intensas e máis adiantadas no calendario, engade.
É por iso que o BNG reclama o Goberno do PP na Xunta que adopte as medidas necesarias con carácter inmediato para garantir unha climatización axeitada en todos os centros hospitalarios galegos durante este verán. Mais tamén son necesarias medidas pensando no medio e longo prazo.
Neste sentido, a iniciativa rexistrada por Carreira pide á Consellería de Sanidade que antes de rematar o ano presente no Parlamento un plan para a adecuación e climatización dos espazos de hospitalización, así como unha previsión de ocupación realista que evite que os e as doentes ingresadas teñan que compartir habitación con máis dunha persoa.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



