A cita, que conta colaboración do Concello, será os días 17 e 18 de xullo, na Praza dos Campos
Cervo, 6 de xullo, 2026. O Concello de Cervo volverá converterse neste mes de xullo nun punto de encontro para a música e a danza tradicional coa celebración do Festival Folklórico Internacional e do Festival Folklórico Infantil, organizados polo Grupo Folklórico Mistura de Lieiro en colaboración co Concello.
A Praza dos Campos de San Cibrao será o escenario de dúas xornadas nas que o público poderá gozar de actuacións chegadas de diferentes puntos da Península e tamén doutros países, nunha cita xa consolidada dentro da programación cultural do verán cervense.
A programación abrirase o venres 17 de xullo, ás 20:00 horas, co Festival Folklórico Internacional, que reunirá sobre o escenario á Agrupación Folklórica La Sidrina, de Lugones (Asturias), ao Grupo Folklórico Estampas de México e ao Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, anfitrión do encontro e encargado de pechar a primeira xornada.
O sábado 18 de xullo, a partir das 19:00 horas, será a quenda do Festival Folklórico Infantil, unha cita que pon o foco no relevo xeracional e na promoción da cultura tradicional entre a mocidade. Nesta edición participarán a Asociación Folklórica Ledaiña de Bagoas da Terra, de Viveiro; o Grupo Folklórico O Feitizo, de Foz; e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, que clausurará tamén esta segunda xornada.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada por membros do Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, que destacou o traballo realizado para facer posible unha nova edición destes festivais, convertidos xa nun referente do calendario cultural estival do municipio.
A alcaldesa quixo agradecer o esforzo da organización, salientando que “o labor que desenvolve Mistura durante todo o ano é fundamental para conservar e transmitir o noso patrimonio inmaterial, facendo posible ademais un festival que achega a San Cibrao agrupacións de diferentes lugares e favorece o intercambio cultural”.
A rexedora destacou tamén que “estas citas son unha excelente oportunidade para seguir impulsando a cultura tradicional, dinamizar a vida social e económica do municipio e ofrecer tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan un espectáculo de gran calidade no que a música e a danza se converten na mellor carta de presentación de Cervo”.
O Concello anima á veciñanza e aos visitantes a achegarse á Praza dos Campos para desfrutar destas dúas xornadas de folclore, que servirán ademais como broche final das Festas do Carme de San Cibrao, pechando a programación festiva cunha proposta que aposta pola tradición, a convivencia e o intercambio cultural.


























A súa busca iniciárase ás 18:30 horas de onte e, despois de horas sen noticias, os familiares contactaron co 112 pasada a unha da madrugada. Finalmente, contra as seis da mañá avisaron de que a muller fora localizada nunha finca no lugar de Mos, sen capacidade para erguerse polos seus propios medios, aínda que rexeitou asistencia médica ao atoparse ben. O 112 mantivo informada en todo momento á Garda Civil durante o operativo.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincan as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Precísase unha reparación maior e un suplemento de crédito de 350.000 euros, que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana. Coa partida concedida, a maquinaria volverá ao paseo en dúas ou tres semanas. O Concello garante que seguirá vixiando os prazos para asegurar a obra con total seguridade.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.



