Burela, 23 de xullo, 2026. Elena Ortega Muñoz (Málaga, 22/5/2004) defenderá ao Reyco Burela FS na tempada 2026-27. A ala-pivote convértese así na cuarta peza do proxecto de Javier Pardeiro, que xa conta coas renovacións de Sandra e Silvia, ademais da incorporación de Pau, procedente do River Zamora FS.
Formada na estrutura de base do Torcal entre 2017 e 2022, Ortega deu o salto ao Playas de Málaga, onde se proclamou campioa da Liga Xuvenil e de Andalucía 2022-23. Tras superar unha lesión de xeonllo, regresou ás pistas en 2024 para liderar o ascenso a Segunda División 2024-25, asinando a súa mellor campaña o pasado curso: gran presenza en pista e 10 goles anotados.
A malagueña afrontará en Burela a súa primeira experiencia lonxe da casa: “Foi un pouco complicado porque nunca estiven fóra da miña cidade nin da miña casa, e deixo á miña familia, amigos e ao club que me deu moitas cousas. Pero creo que é unha gran oportunidade para cambiar, saír da miña zona de confort e crecer tanto deportiva como persoalmente”.
Elena chega con ambición e compromiso: “Vou dar todo o que poida para seguir evolucionando e, a nivel colectivo, espero que todo flúa ben coas compañeiras. Teño ganas de coñecelas e gozar desta tempada intentando conseguir os obxectivos”.
Tamén amosa ilusión por vivir o ambiente da bancada da Mariña: “Vin partidos e sempre hai moita xente animando, o que me parece xenial. Ese ambientazo axuda moito ao equipo”.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
