O goberno local recupera unha axuda ao club que non tiña desde hai case unha década
Ortigueira, 23 de xullo de 2026. O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Deportes, Isabel Rego, asinaron onte a concesión dunha subvención nominativa ao Fútbol Club Ortigueira, un apoio que a entidade deportiva non recibía desde hai practicamente unha década. Ao acto de sinatura, por parte do club, asistiron o seu presidente, José Corral, e a secretaria da entidade, Dolores García.
O acordo contempla un apoio económico que ascende a 12.000 euros, unha partida que xa estaba reservada no actual orzamento municipal. O principal obxectivo é apoiar o FC Ortigueira para que continúe sendo un axente fundamental para a dinamización deportiva do municipio.
A entidade deportiva erixiuse como un piar básico na promoción do deporte no municipio, especialmente entre a poboación máis nova. Bo exemplo disto é o campus deportivo que, nestes momentos, está finalizando o seu primeiro turno. Nel, nenos e nenas de 6 a 16 anos practican deportes como pádel, voleibol, baloncesto, natación ou, por suposto, fútbol. Do 3 ao 7 de agosto terá lugar o segundo turno desta actividade que combina á perfección deporte, saúde, diversión e conciliación.
Outro exemplo da integración a través do deporte que fomenta o FC Ortigueira é a posta en marcha a comezos deste ano dun equipo Genuine, en colaboración co propio Concello e coa Asociación ASPROMOR. Esta iniciativa tivo unha acollida inmejorable entre os e as deportistas e tamén entre os veciños e veciñas.
A concelleira de Deportes, Isabel Rego, subliña a importancia de recuperar un apoio “que consideramos básico a una entidad fundamental en el fomento del deporte en nuestro municipio”. Tanto Rego como Calvín celebran que, grazas ao novo orzamento, se poidan instrumentalizar apoios tan necesarios como estes.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.


