Cervo, 23 de xullo de 2026. A parroquia de Sargadelos volverá converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración das festas na honra a Santiago Apóstolo, que se desenvolverán do 24 ao 26 de xullo, cun amplo programa no que se mesturan tradición relixiosa, gastronomía, música e deporte.
A programación arrancará o venres 24 de xullo, ás 20:00 horas, cunha espetada moura, seguida do Xunco Fest, dando comezo a unha fin de semana de celebracións.
O sábado 25 de xullo, día grande das festas, celebrarase ás 13:00 horas a misa solemne e procesión na honra a Santiago Apóstolo, acompañadas polo grupo Fol do Raxal. A continuación terá lugar a sesión vermú coa actuación de A Banda da Loba e a animación da Discomóbil Conxuro.
Xa pola noite, o protagonismo será para o concerto de Ruxe Ruxe, seguido da actuación de DJ Tomás, tamén coa animación da Discomóbil Conxuro. Ao mediodía serviranse, ademais, racións de churrasco ao prezo de 12 euros.
As celebracións concluirán o domingo 26 de xullo coa celebración do Trail Sargadelos, que dará comezo ás 10:00 horas. Posteriormente haberá sesión vermú con DJ Tomás e serviranse racións de paella por 10 euros.
As festas están organizadas polo Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, anima á veciñanza e aos visitantes a participar nesta celebración: “As festas de Sargadelos son unha magnífica oportunidade para desfrutar das nosas tradicións, da música en directo e da gastronomía nun enclave patrimonial único. Convidamos a toda a veciñanza e a quen nos queira visitar a achegarse estes días para vivir un ambiente de convivencia e celebración que caracteriza ás nosas parroquias”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



