Este proxecto está financiado con fondos municipais e cunha axuda da Deputación da Coruña
Ortigueira, 21 de xullo de 2026. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Ortigueira —a través das concellarías de Sanidade, dirixida por Ana Cartelle, e de Promoción Económica, encabezada por Isabel Rego— pon en marcha o servizo de podoloxía e fisioterapia a domicilio para as persoas usuarias do SAF. Esta iniciativa, estreada o ano pasado, foi todo un éxito, pois comezou atendendo a 22 persoas nada máis arrancar e, a día de hoxe, chega a un total de 79 (51 a través de podoloxía e 28 a través de fisioterapia).
Isabel Rego e Ana Cartelle coinciden en que esta iniciativa pioneira nace, e agora se consolida, grazas á boa acollida e á “necesidad de cuidar a nuestros mayores”. Ambas subliñan a importancia “de cuidar la calidad de vida de nuestros vecinos y vecinas de avanzada edad, más en un concello eminentemente rural y con una dispersión poblacional grande, que provoca, en muchas ocasiones, que no puedan desplazarse a la villa para disfrutar de ciertos recursos. Con servicios como este buscamos que nadie quede excluido y tenga los mejores cuidados a su disposición, desde lo público”.
Esta iniciativa é posible grazas ao esforzo investidor que o goberno local destina dos seus fondos propios. Ademais, tamén conta cunha axuda económica da Deputación da Coruña.
O programa está pensado para casos que requiren intervención profesional urxente ou continuada, como pacientes con diabetes, uñas encarnadas ou outras patoloxías graves de podoloxía ou fisioterapia. O servizo seguirá sendo prestado polo podólogo Alberto Pita e polo fisioterapeuta Valentín Pena, que se desprazan persoalmente aos domicilios para realizar as atencións necesarias, evitando que as persoas beneficiarias teñan que afrontar desprazamentos que en moitos casos resultan imposibles polo seu estado de saúde.
Por outra banda, a Consellería de Sanidade informou recentemente de que o servizo de podoloxía será incluído na atención primaria, algo que desde o Concello de Ortigueira se celebra, pois permitirá que “los concellos nos centremos en dar todavía más servicios a nuestras personas mayores”. Por último, o goberno local tamén celebra que “una iniciativa pionera nuestra se expanda a la totalidad de la población gallega a través del sistema público de salud”.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



