Burela, 13 de maio, 2026. A Fundación Expomar organiza esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.
Durante a tarde deste mércores, máis dunha vintena de representantes das principais entidades sectoriais do sector pesqueiro reuníronse no porto de Burela para analizar as principais preocupacións actuais da Pesca.
Sobre a mesa asuntos como a xestión pesqueira, normativas e estratexias, temas sociais e laborais, como o relevo xeracional, a competitividade empresarial ou cuestións relacionadas co consumo de peixe, a comunicación ou a divulgación relacionada coa actividade do sector.
Como cada ano, froito deste Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que xunta a entidades do ámbito galego, español e europeo, esta noite redactaranse as “Conclusións 2026”, que resumirán as decisións tomadas durante a sesión e que se farán públicas o xoves ao comezo das Xornadas Técnicas.
O salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela acolle este xoves 14 de maio as Xornadas Técnicas de Expomar en sesión de mañá e tarde, un evento que tamén se poderá seguir en directo a través da web de expomar.com; e que estará moderado pola comunicadora e presentadora de Televisión de Galicia, Lucía Rodríguez.
A apertura correrá a cargo da conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, acompañada polo director general de Pesca Sostenible do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Ramón de la Figuera, e a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.
Tres mesas de debate o xoves pola mañá
A sesión matinal incluirá tres mesas centradas nas grandes preocupacións do sector:
Xestión pesqueira, con Javier Garat (Cepesca e Europeche), Torcuato Teixeira (Federación Nacional de Cofradías) e Ramón de la Figuera (MAPA).
Futuro, relevo xeracional e formación, con Francisco González (EONP Xixón), Ángeles Vázquez (Xunta de Galicia) e Manuel Pablos López (MAPA).
Sostibilidade, socioeconomía e consumo, coa participación dos catedráticos da USC María Bastida e Gumersindo Feijóo, e da nutricionista Adriana Fernández.
Sesión de tarde
A partir das 15:30 horas, a directora general de Marina Mercante, Ana Núñez, presentará o traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
As Xornadas Técnicas pecharanse cunha mesa inédita sobre “A pesca no Parlamento español”, coa intervención dos deputados galegos Rosa Quintana (PP), Patricia Otero (PSdeG‑PSOE) e Néstor Rego (BNG).
A xornada estará conducida pola comunicadora da TVG Lucía Rodríguez.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


