Navia, 13 de maio de 2026. O Concello de Navia presentará este venres, 15 de maio, coincidindo co Día Internacional das Familias, o novo Programa de Benestar Emocional “EBEN”. Este proxecto xorde como resposta directa ás demandas do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, que solicitaron este apoio de maneira reiterada durante dous anos consecutivos.
O programa “EBEN”, nome elixido polos propios mozos e mozas, está deseñado para ofrecer un espazo seguro de acompañamento e asesoramento emocional. Contará cunha psicóloga profesional especializada para axudar á adolescencia a xestionar situacións como a ansiedade, a presión académica ou a autoestima.
Unha das características principais desta iniciativa é que se financia integramente con recursos municipais a través da partida do Plan de Infancia, sen depender de subvencións externas nin de fondos europeos. Ademais, a súa posta en marcha realizarase en estreita coordinación coas familias e cos centros educativos para garantir todas as autorizacións necesarias ao tratarse de menores.
No mesmo acto, o Concello presentará tamén o programa de Soidade non Desexada. Esta estratexia de actuación comunitaria busca previr o illamento social e promover a saúde relacional mediante actividades individuais, grupais e interxeracionais que fomenten o enriquecemento persoal e o apoio mutuo.
O evento terá lugar no Espazo Cultural El Liceo o vindeiro venres, 15 de maio de 2026, ás 11:30 horas.
Con estas iniciativas, Navia reafirma o seu compromiso coas boas prácticas en políticas de infancia e co benestar social das familias do concello.
























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



