Burela, 16 de maio, 2026. O Reyco Burela FS pechou a tempada en Segunda División masculina cunha derrota pola mínima (2-3) ante o Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS, nun encontro no que a canteira laranxa asumiu un papel protagonista. Na segunda metade, Xosé debutou co primeiro equipo defendendo a portería con moita solvencia, mentres que Walter gozou de minutos no primeiro período. Tamén Pedro, no seu primeiro partido coa escuadra mariñá, estivo a piques de estrearse como goleador cun remate ao traveseiro tras unha asistencia de Pitero.
No plano competitivo, o conxunto malagueño —que se xogaba manter a cuarta praza— adiantouse con dous tantos de Fernando e Davilillo na primeira metade. Nico, outro dos canteiráns burelenses, recortou distancias a dous minutos do descanso tras aproveitar un balón morto para encarar a Mellado e definir con precisión.
Na reanudación, Bingyoba estableceu o 2-2, pero Pablo Guti devolveu a vantaxe aos visitantes a oito minutos do final. O Burela buscou o empate con insistencia, especialmente a través do xogo de cinco, xerando múltiples ocasións. A máis clara chegou nos pés de Pedro, cuxo disparo se estrelou no pau e botou practicamente sobre a liña. Finalmente, o marcador non se moveu e os mariñáns tiveron que conformarse cunha derrota pola mínima que, iso si, deixa boas sensacións polo rendemento da súa base.
Ficha técnica
Reyco Burela FS 2–3 Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS
Reyco Burela FS (2):
Lautaro; Pitero (C), Charly, Raid, Izan —quinteto inicial—; Alán, Mauro, Alberto, Nico, Bingyoba, Walter, Xosé (P), Pedro.
Heredia 21 Málaga CR (3):
Álvaro Mellado; Diego Tosina, Nando Torres, Campano, Pabli —quinteto inicial—; Miguel Conde (C), Davilillo, Rafa López, Fernando, Pablo Guti, Ale Fuentes (P), Carlos Romero.
Goles:
0-1, min. 13: Fernando.
0-2, min. 13: Davilillo.
1-2, min. 18: Nico.
2-2, min. 31: Bingyoba.
2-3, min. 34: Pablo Guti.
Árbitros: Ander Garrido, Eduardo Sierra, Adrián Buján e Andrea González.
Tarxetas amarelas: Raid (2’), Izan (9’), Mauro (28’) e Bingyoba (29’) no Burela. Sen tarxetas no Málaga.
Incidencias: Partido da xornada 30 de Segunda División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre (Burela).






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.


