Muras, 17 de maio de 2025. Muras celebrará o vindeiro 23 de maio a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira, organizada polo Concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O programa presentouse na área recreativa da Veiga, que serve tamén de escenario para a feira de artesanía, cunha vintena de postos, e os eventos lúdicos e musicais que se programan durante a xornada. O acto contou ca presenza do alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente de alcalde, Paula Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba, o deputado de Rural Daniel García Fernández e a artista Mercedes Peón, que porá o peche musical á Romaxe.
Manuel Requeijo lembrou os inicios da Romaxe, da man da Asociación de Obradoiros de Artesáns da Chaira, para poñer en valor os oficios tradicionais” e valorou unha traxectoria da que destacou “o coidado na selección dos postos de artesanía da feira, que a converteron nunha referencia. Todos os anos temos unha gran demanda por parte de artesáns e artesás para poñerse na feira”
Requeijo destacou a aposta por unha ampla programación musical e lúdica pensada “para un público variado, especialmente para familias” e puxo en valor “o espazo natural que acolle a feira e que simboliza a paisaxe e os valores ambientais que son sinal de identidade de Muras”.
O deputado Daniel García reafirmou o “apoio da Vicepresidencia da Deputación á Romaxe, que pon en valor a artesanía e a música tradicional, dous piares da nosa cultura” e destacou “o concerto de Mercedes Peón como un reflexo da calidade, do coidado e do compromiso co que se organiza. Será unha marabilla”, anticipou.
A respecto do concerto, Mercedes Peón avanzou un concerto “enerxético” e “emocionante” no que interpretará unha escolma de temas do seu repertoria nun formato que dará gran protagonismo aos instrumentos de corda.
Programa
A feira abrirá as 11.00 horas cunha vintena postos de artesanía e acollerá diferentes actividades para dinamizar o espazo e fomentar a participación e a interacción do público. Xogos tradicionais a cargo de Xotramu, un obradoiro de elaboración dunha malva artesanal, a música da Mekanika Rolling Band, un obradoiro de elaboración de filloas, a maxia do Mago Antón ou unha foliada con Fol do Raxal, Airiños do Eume e Os Feroces da Galgueira animarán a Romaxe ao longo da xornada. Os concertos d banda Brúa (20.00 horas) e Mercedes Peón (21.00 horas), acompañada por Ingrávida, pecharán a xornada.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



