Ribadeo, 17 de maio de 2026. Ribadeo presentará este luns o programa laboral de inclusión para persoas con discapacidade intelectual. Será nun acto ás 12:00 do mediodía no Salón dos Alcaldes. O Concello será o primeiro en contratar a unha persoa da asociación Down Lugo, que traballará como ordenanza durante un ano.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “o vindeiro luns, 18 de maio, vamos firmar un convenio entre Xunta de Galicia, a asociación Down Lugo e o Concello de Ribadeo. O obxectivo é a contratación dunha persoa dentro do programa laboral de inclusión para persoas con discapacidade intelectual, unha iniciativa que busca avanzar cara a unha sociedade máis xusta. Igualdade e integración son obxectivos claros”.
O rexedor contou que “no marco deste programa, unha persoa da asociación Down Lugo será contratada polo Concello de Ribadeo, vai pertencer directamente á Alcaldía, estará colaborando coa Alcaldía e é unha proposta que nace da Concellería de Benestar Social e colaborando coa Concellería de Persoal. Estas dúas Concellerías xuntáronse e dixeron cómo podemos facer para ter un programa laboral de inclusión e empezar por persoas que teñen discapacidade intelectual”.
Vega tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para os actores implicados neste proxecto: “á asociación Down Lugo teño que agradecerlle todo o traballo que fixeron. Ribadeo é o primeiro Concello que vai contratar a unha persoa con síndrome de down, é o primeiro Concello que tamén fixo o foro Down, onde unha das cousas sobre as que se reflexionou e se debateu foi a integración e a igualdade de oportunidades. E isto é clave nunha sociedade máis xusta, que todos teñamos as mesmas oportunidades”.
Ao alcalde ribadense parécelle “moi importante e significativo que un Concello estea na liña da integración, na liña de ter un programa propio de inclusión e polo tanto esta é unha gran noticia, unha moi boa noticia. E vamos traballar conxuntamente con outras actividades, non só esta, senón que xa estamos preparando actividades para o verán, pero hoxe queremos destacar este gran paso. Grazas á asociación Down por colaborar con este Concello, grazas á Xunta de Galicia por financiar este programa, que é un programa importantísimo, que non só se queda na contratación senón tamén na formación de esa persoa. E iso tamén parece significativo”.
E engadiu: “parece que hai que seguir traballando e reforzando os programas de emprego, os programas de inclusión laboral. E nesta liña vamos seguir. Noraboa ás dúas concelleiras, tanto a Montse como a Elena, por esta proposta. Grazas tamén á Área de Benestar Social que está facendo un gran traballo, a todas as traballadoras e traballadores e tamén grazas á Xunta de Galicia por financiar e a asociación Down por colaborar”.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, destacou que “este proxecto supón un avance e un paso moi importante para a inclusión real das persoas con discapacidade”. Ademais, subliñou que a nova incorporación “será unha compañeira máis, en igualdade de condicións, como calquera outra persoa traballadora do Concello”. E edil responsable de Persoal, Montse Seijo, tamén quixo poñer en valor esta iniciativa e mostrouse satisfeita coa incorporación: “estamos moi contentos de contar cunha nova compañeira no Concello. Vai formar parte do equipo e compartiremos o día a día traballando man a man, aprendendo todos desta experiencia tan enriquecedora”.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



