A dedicatoria do Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño non constitúe un simple exercicio de xustiza póstuma ou un protocolo de gratitude institucional. Estamos diante da consagración dunha das operacións literarias máis densas, audaces e politicamente transformadoras da nosa narrativa contemporánea. Interrompido o seu legado por un pasamento prematuro, Caamaño, porén, realizou un exercicio de alta cirurxía textual sobre os alicerces míticos da cultura occidental, demostrando que a lingua galega posúe a maioría de idade e a plasticidade conceptual necesarias para reescribir a Homero e á materia de Bretaña dende unha matriz de noso, atlántica e radicalmente liberadora.
As súas dúas únicas novelas, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), configuran un díptico onde o mito deixa de ser un fado inmutábel ou un instrumento de opresión patriarcal para se converter nun parlamento ético. Caamaño non opera na fantasía a xeito de fuxida evasiva, senón de laboratorio político. En Morgana en Esmelle, a conexión co universo de Álvaro Cunqueiro revélase tan sutil como subversiva. Cunqueiro, que en Merlín e familia (1955) deitou a mitoloxía artúrica sobre a xeografía lírica e melancólica das terras de Miranda, construíu un mundo de prodixios onde as mulleres -como Xenebra- ocupaban un papel secundario, case doméstico, supeditado á sabedoría omnisciente e parsimoniosa do mago. Caamaño asalta ese pazo de Esmelle, pero despraza o eixo do poder: Merlín xa non dita o destino do relato dende a súa cociña de herbas; a novela convértese nun diálogo nocturno e denso entre Morgana e Xenebra, onde a palabra habitada e o debate sobre a culpa substitúen á estabilidade case estática cunqueiriana.
Esta subversión atópase indisolubelmente vencellada á deconstrución dos heroes clásicos. Comparemos o rol de Ulises na Odisea homérica e de Merlín na obra de Cunqueiro coas figuras que se albiscan a través do prisma de Caamaño. Na tradición clásica, Ulises é o heroe da metis, da intelixencia prudente e o movemento rectilíneo cara ao trunfo, Circe, pola contra, é a meiga que devala na perfidia, a sedutora perigosa que animaliza aos homes. Na obra de Caamaño, o heroe homérico é despoxado da súa épica belicista para ser visto a través da ollada de Circe e Penélope. O Ulises de Caamaño é unha sombra ausente pero opresiva. Un heroe que, porén, xera dor para as mulleres que deixa atrás. Circe e Penélope xa non rivalizan, senón que pactan e falan dende a sororidade política, un concepto que racha coa narrativa oficial do patriarcado. Do mesmo xeito, o Merlín que se albisca en Morgana en Esmelle perde o seu carácter de sabio protector para amosar a súa complicidade coa estrutura de poder que condenou Morgana ao estigma da traizón. O Merlín de Caamaño é o vello gardián do statu quo artúrico, un home que lexitimou a violencia dos cabaleiros fronte á autonomía das fadas que habitaban Avalon. Novamente a comunidade de mulleres libres que habitan illas rexidas por elas propias, quer Avalon, quer a Ea rexida por Circe.
Caamaño non busca que as súas personaxes masculinizen o seu comportamento para acadar a liberdade. Circe e Morgana son poderosas dende unha xenealoxía propia, vinculada ao pracer do propio corpo, ao coñecemento dos afectos e á xestión dun tempo, circular e non lineal, que rexeita ser o botín de guerra dos heroes. Ao darlles voz en galego a estas figuras Begoña Caamaño non só fixo un acto de xustiza poética coas mulleres do mito, senón que, como nacionalista comprometida que era-cómpre non esquecelo-, afirmou a soberanía cultural de Galicia, demostrando que a nosa lingua é quen de sandar as feridas da memoria de Occidente e que, dende a Fisterra, podémonos erguer para reescribir as historias que outros nos contaron ao seu xeito.





















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



