Xove, 30 de maio de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Xove levará ao Pleno ordinario do vindeiro luns, 1 de xuño, os principais problemas e proxectos pendentes do municipio, cunha batería de preguntas sobre a traída da auga, a falta de vivenda, o Portiño de Morás, o mantemento de servizos municipais e a nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar.
As e os socialistas explican que unha das súas principais preocupacións segue a ser a rede de abastecemento de auga. Lembran que Xove arrastra dende hai anos problemas recorrentes coa traída, con episodios de turbidez, restricións no verán, instalacións obsoletas e falta de investimentos suficientes para garantir un servizo “en condicións dignas do século XXI”.
Neste sentido, preguntarán que avances reais existen na mellora da rede e que previsións ten o PP para evitar novos problemas de escaseza coa chegada das altas temperaturas. “Non podemos agardar a ter o problema enriba para actuar. A auga é un servizo básico e Xove precisa planificación, investimentos e previsión, non improvisación”, sinalan.
Outro dos asuntos que levarán ao Pleno será a situación da vivenda no municipio. A formación preguntará polo estado do proxecto da urbanización de vivendas acaroadas fronte ao colexio de Xove, unha actuación da que “se leva falando dende hai anos” e que podería contribuír a paliar parcialmente o déficit existente. Con todo, consideran que “non pode presentarse como unha solución definitiva”, senón como “un parche” diante dun problema máis amplo. Por iso, reclamarán ao executivo de Salgueiro un Plan municipal de vivenda que permita abordar esta situación con medidas máis amplas e sostidas no tempo.
O Grupo Municipal Socialista tamén pedirá explicacións sobre o proxecto de mellora do Portiño de Morás e a instalación dun pantalán, unha actuación que cualifican como “un proxecto estrela que leva dúas décadas acumulando anuncios”. Neste punto, preguntarán cal é o orzamento anunciado pola Xunta de Galicia para 2026 e se existe algún avance real na súa tramitación.
No ámbito do mantemento municipal, o PSdeG trasladará a situación dalgunhas tapas de alcantarillado na contorna da urbanización do Palmeiro e preguntará polo funcionamento das áreas para caravanas de Xove e Esteiro, que, segundo denuncian, “están abertas sen ningún control”.
En materia de atención social, preguntará pola nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar, xa que o contrato actual remata no mes de decembro. As e os socialistas defenden que “servizos deste calibre deberían ser públicos” e avanzan que vixiarán as condicións da licitación para garantir a calidade da atención, os dereitos das persoas usuarias e as condicións laborais das traballadoras.
“O SAF non é un contrato máis. Estamos falando do coidado de persoas maiores, dependentes ou con dificultades de mobilidade, e iso require responsabilidade, control público e máxima sensibilidade”, conclúen.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



