“Queremos saber cal foi a razón exacta de por que non se están realizando os exames e se, en todo caso, a nova zona que presentou o alcalde posúe todos os permisos para poder facer as probas” sinala Javier Castiñeira
Foz, 22 de maio de 2026. O Partido Popular de Foz pregunta ao alcalde cal é o motivo polo que esta semana non se realizaron no municipio os exames prácticos de camión, tal e como estaba previsto.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que esta situación xerou un importante malestar entre os aspirantes, moitos dos cales tiveron que desprazarse a outros lugares para poder facer as probas.
Segundo indica Castiñeira, o goberno local anunciou recentemente “a bombo e platillo” o cambio de zona de examinación, que anteriormente se realizaba en Marzán, detrás do pavillón, e que agora foi trasladada polo executivo municipal ao parque industrial de Foz.
Desde o PP aseguran descoñecer se a nova localización conta coa autorización necesaria por parte da Dirección Xeral de Tráfico para poder desenvolver este tipo de probas prácticas.
“Queremos saber cal foi a razón exacta de por que non se están realizando os exames e se, en todo caso, a nova zona que presentou o alcalde posúe todos os permisos para poder facer as probas”, sinala Javier Castiñeira.
Os populares subliñan que numerosos veciños lle trasladaron o seu enfado pola situación, especialmente despois de que se anunciara o inicio das probas na nova zona do parque industrial.
Por todo iso, o PP de Foz reclama explicacións ao alcalde e pide que se aclaren canto antes os motivos polos que esta semana non se celebraron os exames prácticos de camión no municipio.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



