O senador mariñán, José Manuel Balseiro, presentou a iniciativa xunto á alcaldesa de Cervo, Dolores García, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro
San Cibrao (Cervo), 6 de maio de 2026. O senador mariñán, José Manuel Balseiro, presentou á entrada da fábrica de Alcoa unha iniciativa rexistrada no Senado xunto aos compañeiros do PP por Lugo José Manuel Barreiro e Juan Serrano “para esixir ao Goberno de España a autorización inmediata dos parques eólicos vinculados á planta de Alcoa en San Ciprián, fundamentais para garantir o futuro da única fábrica de aluminio primario en activo no país”, ademais dun material estratéxico para a industria, a transición enerxética e a autonomía produtiva.
O senador popular estivo acompañado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, que coincidiron en esixir ao Goberno de Sánchez “axilidade” e ao PSOE “cumprir as súas promesas”, despois de máis de dous anos cos permisos dos parques eólicos caducados.
Balseiro lembra que “o propio Goberno viuse obrigado a recoñecer que o Ministerio deixou caducar en 2023 os permisos de acceso á rede destes proxectos ao emitir fóra de prazo as declaracións ambientais de 5 parques (Borrasca, Ventisca, Levante, Boura e Monzón), nunha mostra evidente de falta de xestión e de compromiso cunha industria clave para Galicia e España”, incidiu.
O PP cuestiona tamén que, malia que o Ministerio anunciou como unha solución o Real Decreto-lei 8/2023, o Executivo segue anos despois sen resolver a situación, incumprindo ademais o memorando de entendemento asinado no que a Administración estatal se comprometía “a axilizar estas autorizacións”.
Así mesmo, os populares denuncian “as reiteradas promesas incumpridas” e sinalan directamente ao secretario xeral do PSOE en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, quen trasladou ao comité de empresa “solucións que nunca chegaron”, xerando falsas expectativas entre os traballadores.
“Estamos ante unha cadea de enganos e incumprimentos dos socialistas que pon en risco miles de empregos e o futuro industrial da Mariña lucense. Non é aceptable que o Goberno siga bloqueando solucións mentres a comarca vive na incerteza”, sinala José Manuel Balseiro.
E todo isto nun período “especialmente sensible” xa que o bloqueo persiste logo de rematar o proceso de rearranque das cubas da planta, cando resulta máis imprescindible garantir o subministro estable, a seguridade xurídica, axilidade administrativa e o cumprimento efectivo dos compromisos adquiridos, así como prezos da enerxía competitivos nun contexto de elevada volatilidade dos mercados”.
Dolores García afea que “aínda teñamos que seguir esperando, dende a promesa de Besteiro no 2023, polas autorizacións para os parques eólicos que permitirían ofrecer un prezo eléctrico competitivo para que a fábrica siga”.
Demetrio Salgueiro considera “incomprensible” e “unha falta de respecto aos cidadáns” que “despois de tanto tempo de promesas” por parte do PSOE -que anunciara nunha reunión co comité de empresa en decembro do 2023 o desbloqueo dos parques eólicos-, “a día de hoxe, sigan bloqueados”.
O rexedor xovense incide en que “dispoñer de enerxía a un prezo competitivo é imprescindible para que Alcoa poida seguir producindo aluminio” porque, “sen un prezo competitivo da enerxía, a fábrica pode pasar problemas”. Polo que urxe que “o Goberno autorice os parques eólicos” especialmente “porque os deixou caducar por irresponsabilidade do seu propio Executivo”.
Salgueiro subliñou que “non é a primeira vez que Besteiro incumpre o que promete aos mariñáns” toda vez que “o fixo coa autorización dos parques eólicos importantes para Alcoa e o fixo tamén coa autovía A-74. Prometeu tamén no 2023, reunido con alcaldes e representantes socialistas, que esta autovía fundamental para a comarca estaría en obras no 2024 e a día de hoxe tamén seguimos sen ningún avance nesta infraestrutura”.
O PP reclama feitos inmediatos e advirte de que “Galicia non pode seguir sendo prexudicada pola inacción dun Goberno -o que preside o socialista Pedro Sánchez- que chegou tarde, actuou mal e segue sen dar respostas”.
MESA DE SEGUIMENTO
A moción inclúe tamén a esixencia de convocar de inmediato a mesa de seguimento do plan de viabilidade, que segue sen reunirse e cuxa convocatoria tamén reclama o Comité de empresa. Para o PP, esta parálise “non responde a cuestións técnicas, senón á evidencia de que o Goberno non ten nada que ofrecer, nin que cumprir respecto dos compromisos adquiridos”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


